Distrito Moroto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Moroto

Nomeado en referencia aMoroto Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 2°30′N 34°15′L / 2.5, 34.25Coordenadas: 2°30′N 34°15′L / 2.5, 34.25
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalMoroto Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaTepes (en) Traducir
Língua langu (pt) Traducir
Língua Karamajong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.537,6 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-308 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmoroto.go.ug Editar o valor em Wikidata

Moroto District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos ugandeses, o seu nome provén da súa cabeceira, Moroto.

Limita co Distrito Kaabong polo norte, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Amudat polo sur, co Distrito Nakapiripirit polo suroeste, co Distrito Napak polo oeste e co Distrito Kotido polo noroeste. Atópase ao pé do Monte Moroto. A capital de Moroto atópase aproximadamente a 210 km, por estrada, ao nordeste de Mbale, a maior cidade máis próxima.[1]

O distrito forma parte da subrexión Karamoja canda: Distrito Abim, Distrito Amudat, Distrito Kaabong, Distrito Kotido, Distrito Nakapiripirit e Distrito Napak.[2] No ano 2002, a poboación da rexión de Karamoja estimábase en 800.000 persoas.

O distrito consiste nunha chaira cuberta por unha sabana con algúns outeiros rochosos. Componse de tres condados: Bokora, Matheniko e Moroto. Está habitado polos karimojong, un grupo étnico distintivo e vivo, que vive habitualmente as súas tradicións.

A agricultura e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito. [3] Recentemente, o cultivo de Jatropha está en voga, empregándose a súa semente para producir biocombustible. A apicultura é outra actividade económica que está gañando popularidade.

O distrito é un centro de recursos minerais aínda por explotar. Hai sobre cincuenta minerais, así como pedras preciosas, diferentes na rexión de Karamoja. Destes, Moroto ten ouro, prata, cobre, ferro, titanio, manganeso, niobio, tantalita e cromo. Tamén hai mármore, mica, granate, pedra calcaria e asbestos.[4]

A poboación segundo o censo do ano 2002 estimábase, segundo se constituíu en xullo de 2010, en 77.250 persoas. Estímase que a poboación do ano 2010 é de 97.900, segundo segue a táboa.

Poboación do Distrito Moroto
Ano Poboación (estimación)
2002 77.250
2003 79.600
2004 82.000
2005 84.400
2006 87.000
2007 89.600
2008 92.300
2009 95.000
2010 97.900

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Road Distance Between Mbale And Moroto With Map
  2. Mapa de Karamoja
  3. "The Economy of Moroto District". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  4. "Overview of Moroto District". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]