David Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Saavedra
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

David Saavedra, nado en Pontevedra o 16 de xullo de 1981, é un escritor, militar e exmembro de grupos nacionalsocialistas que colaborou en múltiples programas televisivos.

Traxectoria en grupos neonazis[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Aos 15 anos interesouse na segunda guerra mundial e foi aí cando se empezou a radicalizar, tamén comezou a entrar en chats e foros de extrema dereita.[1] ​Aos 16 anos pensaba que todo era unha “conspiración de poderes xudeus” e a súa misión era loitar contra eles.[2]

Resistencia Aria[editar | editar a fonte]

Formou parte de Movimento da Resistência Ariana, unha web que chegou a ser a máis visitada dentro da súa ideoloxía e xénero. La Voz de Galicia dedicou un artigo a este pequeno grupo no que afirmaba que era unha organización perigosa con vínculos co Ku Klux Klan e que se financiaba co tráfico de armas. Isto non fixo máis que darlle a David máis razóns para a súa negacionismo e radicalismo.[3]

Alianza Nacional[editar | editar a fonte]

Afiliouse en 2012 ao partido Alianza Nacional, o único en España que se definía como nacionalsocialista e motivado polas ideas de Amencer Dourado.[4] Mentres militaba nel, planeou xunto con outros membros da organización atacar o presidente do partido, Pedro Pablo Peña, ao que culpaban do fracaso das súas ideas e da organización en xeral.[4] Na súa estancia no partido creou La España en Marcha.[4]

Foi o xefe de propaganda do partido e o encargado de deseñar as campañas.[5]

Proceso de abandono das ideas neonazis e vida actual[editar | editar a fonte]

Comezou a deixar as ideas neonazis ao abandonar Alianza Nacional despois de coñecer un home chamado Miguel, ao que confundira cun neonazi nun foro. Ao cabo de varios meses falando ese home envioulle unha adaptación do Capital de Karl Marx. Leuno e aflorou nel espírito crítico, o que provocou que comezase a pensar sobre as súas ideas. Foi aí cando comezou a distanciarse deses círculos ideolóxicos.[6]

Na actualidade a súa actividade céntrase en dar entrevistas e charlas de forma altruísta en colexios en institutos para evitar que outros mozos caian en movementos radicais de calquera tipo.

Libro[editar | editar a fonte]

No seu proceso de saída da ideoloxía neonazi comezou a escribir o seu libro que publicou catro anos despois.[6]

  • Memorias de un exnazi: veinte años en la extrema derecha española (2021)
  • Después de Sury

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Saavedra: "Contribuí a crear grupos skin: mi mundo, como en las sectas, fue una burbuja" | Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). 2021-10-17. Consultado o 2023-02-16. 
  2. 20minutos (2021-05-29). ""El nazismo es como una secta": el testimonio de un exnazi". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-02-16. 
  3. Fiestras, Joseba (2021-05-02). "'Lo de Évole': «En VOX hay nazis y además de los legendarios»". El Correo (en castelán). Consultado o 2023-02-16. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Memorias de un exnazi español: "Nos preparábamos para la inevitable batalla"". www.proceso.com.mx (en castelán). Consultado o 2023-02-16. 
  5. "David Saavedra, exnazi: «Si hubiera publicado mi libro en los 90, ya estaría muerto» - Further". The Objective (en castelán). Consultado o 2023-02-16. 
  6. 6,0 6,1 "De planear asesinatos a intentar acabar con la ideología: los dolores de un nazi arrepentido | El Faro". La Cuarta (en castelán). Consultado o 2023-02-16.