David Astals
Astals | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Astals Barrera | ||
Nacemento | 13 de decembro de 2001 | ||
Lugar de nacemento | Bienvenida | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Sabadell | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
Polinyà | |||
Sabadell | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2019–2021 | Sabadell B | 4 | (0) |
2020 | Sabadell | 67 | (1) |
2021– | → Prat | 15 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de marzo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
David Astals Barrera, nado en Bienvenida o 13 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Sabadell, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido na localidade estremeña de Bienvenida, aos dous meses trasladouse coa súa familia ao barrio de Poblenou, en Sabadell.[1] Membro dunha familia vencellada ao ciclismo, decantouse polo fútbol, ao que comezou a xogar no Polinyà, antes de ingresar na canteira do Sabadell.[2] Na tempada 2019/20 debutou co Sabadell B na Segunda Catalá, e menos dun ano despois fixo a súa estrea co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo ao galego Héber Pena nos minutos finais dun partido ante o Rayo Vallecano.[3] Converteuse deste xeito no primeiro futbolista nacido no século XXI en vestir a camiseta do Sabadell.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Figueras, Pere (22 de setembro de 2020). "La història de David Astals: a punt de marxar per “baixet” i ara renova per dos anys" (en catalán). Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ "David Astals, un futbolista sorgit en el si d'una família de ciclistes" (en catalán). 11 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ Martín, Maite (19 de setembro de 2020). "Catena culmina la remontada de un Rayo que promete y duerme líder". As (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ "El Sabadell renueva al ‘chino’ Astals por dos temporadas". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de setembro de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2024.