Década de 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segundo milenio
Século XX
1990
 
2000
 
2010
2000  · 2001  · 2002  · 2003  · 2004
2005  · 2006  · 2007  · 2008  · 2009

O decenio dos 2000, os anos 2000 ou década dos 2000, comprende o período de tempo que vai dende o 1 de xaneiro de 2000 (aínda que o 2000 é aínda parte do século XX) até o 31 de decembro de 2009. A década foi declarada Decenio Internacional dunha cultura de paz e non violencia para os nenos do mundo pola ONU.

O decenio dos anos 2000 estivo marcado pola guerra contra o terrorismo declarada polos Estados Unidos (baixo o mandato de George W. Bush) tras os atentados terroristas do 11 de setembro de 2001 contra as Torres Xemelgas de Nova York e O Pentágono. Nese contexto tiveron lugar os conflitos bélicos en Afganistán (2001-2021) e Iraq (dende 2003) que provocaron, respectivamente, o derrocamento do réxime talibán e o de Saddam Husayn. Aínda que o terrorismo da Al-Qaida seguiu golpeando e provocando máis mortes en Bali (2002), Madrid (2004), Londres (2005), Bombai (2006) e multitude de atentados en Iraq e Afganistán.

Tamén foi a década do auxe de China como potencia mundial (en 2001 ingresou na OMC e en 2010 converteuse na segunda potencia económica mundial) e o ascenso económico da India e o Brasil, convertidos en polos de referencia a nivel mundial (os coñecidos como "países emerxentes"). Estados Unidos seguirá sendo a principal superpotencia mundial pero non terá o poder que ostentaba a anterior década, iniciándose o proceso cara a un mundo multipolar.

A década tamén trouxo a primeira presidencia dun afroamericano (Barack Obama) nos Estados Unidos ou a maior ampliación da historia da Unión Europea (1 de maio de 2004), coa incorporación de dez novos países na súa maioría procedentes do Leste de Europa (antigo bloque socialista). Tamén, cabe engadir que se produciu o primeiro Conclave do III Milenio (en 2005) que elixiu como papa a Bieito XVI, tras o falecemento de Xoán Paulo II.

En América Latina coa chegada ao poder en Venezuela de Hugo Chávez xorde o socialismo do século XXI. A feroz retórica antiglobalización e o seu achegamento á clase obreira lograron que o movemento se estendese en toda a rexión. A Marea rosa foi conformada por gobernos como o de Lula da Silva (Brasil), Néstor Kirchner (Arxentina), Evo Morales (Bolivia) ou Rafael Correa (Ecuador). Tamén supuxo a creación da Unión de Nacións Suramericanas (UNASUR) ou o movemento contra a área de Libre Comercio das Américas (Non ao ALCA). En Perú, o mandatario Alberto Fujimori viuse obrigado a renunciar ao cargo tras 10 anos de goberno.

Coa independencia de Montenegro e, parcialmente recoñecida, a de Kosovo, finalizou a dinámica da disolución de Iugoslavia iniciada na década anterior dos 90. Tamén Timor Oriental independizouse definitivamente de Indonesia en 2002.

Foron tamén anos de logros científicos en campos como a xenética (secuenciación do xenoma humano) ou a astronáutica (o final da MIR e a posta en marcha o mesmo ano da EEI). Por desgraza, no ano 2004 produciuse unha das maiores traxedias naturais da historia, o tsunami que arrasou o Sueste Asiático e que provocou a morte a máis de 240 000 persoas.

No punto de vista social foi tamén a década na que a implantación masiva de internet e os teléfonos móbiles cambianron as relacións sociais para sempre. Apareceron empresas punteiras no sector tecnolóxico que inflúen decisivamente en todo o mundo como Apple, Google entre outras. As chamadas "redes sociais" inician o seu "auxe" a finais da década, modificando ao longo da década seguinte de forma vertixinosa as formas e as relacións sociais en todo o planeta.

Os derradeiros anos da década estiveron profundamente marcados polo inicio da crise financeira e bolsista mundial iniciada nos EE. UU. en 2008 e ocasionada polas denominadas hipotecas subprime. Dita crise acabou afectando o tecido económico mundial e converténdose no acontecemento máis importante do último terzo da década e que condicionará a década seguinte.


2000

Artigo principal: 2000.

2001

Artigo principal: 2001.
Retrato oficial de George W. Bush
Ariel Sharon, gañador das eleccións xerais en Israel.
As Torres Xemelgas após os dous impactos.

2002

Artigo principal: 2002.
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional.
Timor-Leste

2003

Artigo principal: 2003.
Saddam Hussein após a súa captura

2004

Artigo principal: 2004.

2005

Artigo principal: 2005.

2006

Artigo principal: 2006.
Rusia corta a subministración de gas natural a Ucraína por unha disputa no prezo.

2007

Artigo principal: 2007.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

2008

Artigo principal: 2008.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

2009

Artigo principal: 2009.
  • Cumio do Grupo de Río en México.
  • A cidade de A Paz cumpreu 200 anos de existencia após ser fundada co nome da nosa Señora da Paz.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Maio

Xuño

Xullo

Outubro

Decembro

  • Eleccións presidenciais e parlamentarias en Chile.


Referencias

  1. "Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras", ABC, 28 de agosto de 2000, p. 34. (en castelán).
  2. La Voz de Galicia, 28.10.2004.
  3. "Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra", ABC, 26 de abril de 2007, p. 28. (en castelán)
  4. Resultados elecciones presidenciales en Argentina Arquivado 16 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  5. "Noticia en Science que anuncia a xeración de células nai a partir de células de pel humana" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 5 de setembro de 2012.  (en inglés).
  6. "Slovenian EU presidency". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2007. Consultado o 16 de maio de 2007. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  9. "An Asteroid Hurtles Towards Mars". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  12. "The Strongest de Bolivia, el ´Tigre´, celebra su centenario". La Opinion A Coruña (en castelán). 15 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.