Cuco-Rei
Cuco-Rei | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | |
Fundador | Luís Seoane |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cuco-Rei foi unha revista galega dirixida por Luís Seoane en Buenos Aires. O seu único número saíu en setembro de 1970 e sería a súa última publicación do exilio.
Historia e características[editar | editar a fonte]
É, en parte, continuadora de Galicia Emigrante. Comparte con esta revista os contidos, centrados principalmente en Galiza e na emigración e as súas preocupacións e participación tanto de emigrados como de galegos residentes na Galiza interior. A publicación de só seis páxinas contén: un editorial de Luís Seoane, un poema de Lorenzo Varela titulado "Cantiga nova que se chama cadea", un artigo de Isaac Díaz Pardo baixo o pseudónimo de Fernández Ollarmao, outras recensións e un comentario sobre o ingreso de Rafael Dieste na Real Academia Galega.
O editorial titulado "Homes-cucos" é unha fábula contra persoas reais coas que Luís Seoane tivera problemas. A publicación tróuxolle duras críticas por parte dalgúns membros da Irmandade Galega.