Cristina Torre Cervigón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario |
Familia | |
Pai | Cipriano Torre Enciso |
Parentes | Uxío Torre Enciso () |
Cristina Torre Cervigón, nada en Madrid en 1942, é unha xeóloga, coleccionista e presidenta da Fundación Torres-Pujales.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cristina Torre, de familia coruñesa, estudou o bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña,[2] e posteriormente trasladouse a Madrid licenciándose na Facultade de Ciencias ( Xeoloxía) pola Universidade Complutense de Madrid (UCM).[1] Traballou como profesora axudante da UCM, e na Universidade Autónoma de Madrid. Acadou o número un da oposición a profesorado de Ensino Medio e exerceu como catedrática de bioloxía-xeoloxía no IES Beatriz Galindo de Madrid.[1]
En 1977 casou co pintor Julio Pujales, con quen comezou a súa afección á arte moderna. En 2006 tras a morte do seu marido creou a Fundación Torre-Pujales, e posteriormente o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte en Corme.[3] En 2020 a Fundación doou case mil libros ao Xeoparque da Costa da Morte, depositados nunha estancia da biblioteca municipal de Laxe, que se denominará colección Uxío Torre Enciso.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Alvarez, Almudena García-Orea (2013). "La geóloga Cristina Torre, promotora y presidenta de la Fundación Torre-Pujales de Corme, La Coruña". Tierra y tecnología: revista de información geológica (43): 4. ISSN 1131-5016.
- ↑ "«El percebe do Roncudo no puede faltar en una cena de Navidad»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-05. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ "Cristina Torre Cervigón: «Todo mi patrimonio está en el museo, pero cumplí un sueño»". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-06-11. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ "Un tesoro geológico en Laxe en forma de colección de libros". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-04. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ "Laxe acoge una colección única sobre libros de geología". Cámara Minera (en castelán). 2020-01-09. Consultado o 2021-01-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fundación Torre-Pujales en Camiños do Mar