Cristina Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Iglesias

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Pratt (1988–)
Chelsea College of Art and Design (en) Traducir (1980–)
Universidade do País Vasco (1976–1978) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais, Instalación e escultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista , gravadora , artista gráfica , mestra , escultora , artista visual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteKonrad Fischer Galerie (en) Traducir e Marian Goodman Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Muñoz
IrmánsAlberto Iglesias Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcristinaiglesias.com Editar o valor em Wikidata
BNE: XX962150

Cristina Iglesias Fernández Berridi,[1] nada en Donostia o 8 de novembro de 1956, é unha escultora e gravadora vasca. A súa obra atópase en museos e espazos públicos de varios países.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cristina Iglesias naceu nunha familia de artistas. Comezou a estudar Ciencias Químicas, carreira que abandonou para ir a Barcelona onde durante un tempo dedicouse ao debuxo e a cerámica.[4] Logo, formouse en Escultura na Chelsea School of Art de Londres.[2][5] Alí coñeceu o home que máis tarde sería o seu marido, Juan Muñoz, e a outros artistas como Anish Kapoor.[5]

A súa estancia na capital británica —e tamén o paso por Italia— marcou o seu futuro como artista.[5] Cando rematou no Reino Unido, puido acceder a unha bolsa Fulbright para estudar na Escola de Belas Artes do prestixioso Instituto Pratt de Nova York (1988).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Na década de 1980 realizou as súas dúas primeiras exposicións individuais en Portugal e representou a España por primeira vez na Bienal de Venecia (1986).[5] Esta presenza internacional permitiulle comezar a ser recoñecida. Na década de 1990, pasou con éxito por Suíza, participou na Exposición Universal de Sevilla en 1992, na Bienal de Sidney, visitou por segunda vez a Bienal de Venecia e expuxo obras no Reino Unido e nos Estados Unidos, sendo galardoada en 1999 co Premio Nacional de Artes Plásticas en España, polos "novos camiños" abertos.[1] Durante eses anos, tamén foi profesora de escultura na Academia de Belas Artes de Múnic.[6]

Detalle de Tres aguas en Toledo.
Detalle del Portón-pasaje na ampliación do Museo del Prado (2007).

A primeira obra pública en España[5] foi a porta de entrada do novo edificio na remodelación do Museo do Prado (2007), encargo realizado por Rafael Moneo. O Portal-pasaxe está formado por seis grandes placas móbiles con forma de vexetais fosilizados en bronce.[5]

En 2018, con motivo do 40 aniversario da Constitución Española, a súa escultura Sen título, 1988 foi seleccionada entre as obras do Museo Centro de Arte Raíña Sofía para ser representada na exposición O poder da arte. Dita exposición estivo situada nos edificios do Congreso dos Deputados e do Senado.[7]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 www.biografiasyvidas.com (ed.). "Cristina Iglesias". Consultado o 15 de diciembre de 2015. 
  2. 2,0 2,1 españaescultura.es (ed.). "Cristina Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 15 de diciembre de 2015. 
  3. Museo Reina Sofía, ed. (1998). "Cristina Iglesias (5 febrero - 15 abril, 1998 / Palacio de Velázquez, Parque del Retiro, Madrid)". Consultado o 15 de diciembre de 2015. 
  4. "[Sin título] (Hojas de eucaliptos I). EMSIME". Consultado o 2021-01-31. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Castilla, Amelia (31 de julio de 2014). "Cristina Iglesias: agua, acero y seda". Consultado o 15 de diciembre de 2015. 
  6. cristinaiglesias.com (ed.). "Cristina Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 13 de diciembre de 2015. Consultado o 15 de diciembre de 2015. 
  7. Aniversario, Constitución 40 (23 de noviembre de 2018). "Congreso, Senado y el Museo Reina Sofía colaboran en una exposición que explora la relación del arte y la historia de la Transición" (en castelán). Consultado o 23 de diciembre de 2018. 
  8. MEC (ed.). "Cristina Iglesias". Consultado o 3 de enero de 2018. 
  9. "Cristina Iglesias gana el Tomás Francisco Prieto 2013". Museo Casa de la Moneda. 20 de setembro de 2013.
  10. "Cristina Iglesias, Tambor de Oro 2016" (en castelán). Consultado o 7 de enero de 2016. 
  11. "Cristina Iglesias recibe el premio de Arquitectura de la Royal Academy Of Arts de Londres" (en castelán). 16 de enero de 2020. Consultado o 17 de enero de 2020.