Cova das Choias, A Pobra do Brollón
Coordenadas: 42°38′04″N 7°22′44″O / 42.634313, -7.379005
Cova das Choias | ||||
Segundo nome: | Burato das Choias | |||
País: | España | |||
Com. Autónoma: | Galicia | |||
Provincia: | Lugo | |||
Concello: | A Pobra do Brollón | |||
Localidade: | Biduedo | |||
Coordenadas: | n/d | |||
Fuso horario: | CET, UTC+1 | |||
Tipo de cova: | n/d | |||
Lonxitude: | n/d | |||
Altitude: | n/d | |||
Profundidade: | n/d | |||
Sitio web | n/d |
A cova das Choias ou burato das Choias é unha gruta situada na parroquia de Óutara, preto da aldea de Biduedo, no concello da Pobra do Brollón.
Chámase así porque na súa entrada habitaban numerosas choias biquivermellas, que teñen o pico curvado e vermello.
Descrición[editar | editar a fonte]
A cova das Choias é de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de ferro, basicamente durante os séculos XVI e XVII. As súas dimensións son moi grandes e son visibles desde a entrada. A bóveda alcanza máis de 30 metros de altura, a súa lonxitude é duns 120 metros e a anchura excede os 20.
A gruta consta de tres niveis, sendo o intermedio o máis interesante debido á presenza de caprichosas formacións rochosas modeladas polo paso do tempo e pola acción humana. Na paisaxe do interior da caverna chaman tamén a atención os fortes contrastes de cores producidas pola oxidación do ferro presente na rocha, que van desde os verdes intensos ata unha variada tonalidade de ocres.
A uns 75 metros da entrada, na parede da dereita, ábrese unha galería que comunica co nivel inferior. O paso dun nivel a outro resulta algo problemático a causa do lixeiro desnivel e do chan esvaradío, polo que convén extremar as precaucións. Aquí localízanse outras cinco galerías, das que só a central ten saída ao exterior, aínda que se acha tapada pola maleza.