Saltar ao contido

Copa Gagarin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa Gagarin.

A Copa Gagarin (en ruso Кубок Гагарина, Kubok Gagarina) é o trofeo outorgado ao equipo campión dos playoffs da Kontinental Hockey League (KHL), recibindo o seu nome en honor ao cosmonauta Iuri Gagarin, o primeiro humano que viaxou ao espazo.[1] A Copa, supostamente, foi nomeada en honor a Gagarin porque o último partido posible da tempada inaugural da KHL debía ter lugar o 12 de abril, o aniversario do voo de Gagarin.[2]

Logo do final da liga regular da KHL, dezaseis equipos participan nos playoffs. Os oitavos e os cuartos de final xogáronse ao mellor de cinco partidos na tempada inaugural, mentres que as semifinais e a final ao mellor de sete. O sistema de conferencias creouse na segunda tempada co formato de eliminatorias ao mellor de cinco partidos dende os cuartos de final de conferencia ata as semifinais, mentres que as finais de conferencia e a final da Copa Gagarin foron ao mellor de sete partidos, recibindo o gañador a Copa Gagarin.[3]

A Copa Gagarin pesa 18 kg, sendo máis pesada que a Stanley Cup da NHL.[4].

Historia do nome[editar | editar a fonte]

Segundo o comisionado da liga Alexander Medvedev, a copa foi bautizada en honor a Gagarin porque os cidadáns rusos asocian o seu nome á consecución de grandes logros, e o propio home converteuse nun símbolo da nación. Ademais, segundo os fundadores da KHL, o seu ascenso ao espazo é unha metáfora do avance soviético contemporáneo en hóckey sobre xeo.

Outro candidato para que a copa recibira o seu nome foi a lenda do hóckey sobre xeo soviético Anatoli Tarasov, considerado "o pai do hóckey soviético". Posteriormente decidiuse que unha das catro divisións levara o seu nome.

Gañadores da Copa Gagarin[editar | editar a fonte]

Lenda
     Vitoria do que sería o gañador final dos playoffs
     Derrota do que sería o gañador final dos playoffs
O Campión da Conferencia Oeste
L Campión da Conferencia Leste
N/A N/A, as conferencias da KHL foron creadas na segunda tempada
Tempada Equipos Resultado do partido Resultado da serie Máximo goleador do equipo campión
1 2 3 4 5 6 7
2008-09 N/A Ak Bars Kazan 0–3 4–3 TE 2–3 1–0 4 Aleksey Morozov (50:04)
N/A Lokomotiv Yaroslavl 3–0 2–5 2–3 TE 3
2009-10 L Ak Bars Kazan 2–3 1–2 7–1 4 Nikita Alexeev (21:18)
O HC MVD 2–3 1–4 3–2 0–2 3
2010-11 L Salavat Yulaev Ufa 2–1 TE 3–1 3–2 4 Alexander Svitov (55:48)
O Atlant Moscow Oblast 2–3 4–0 1
2011-12 L Avangard Omsk 2–1 1–2 2–3 0–1 3 Jakub Klepiš (52:03)
O Dynamo Moscova 0–1 1–2 TE 5–2 4
2012-13 L Traktor Chelyabinsk 3–1 0–1 2-3 TE 2 Alexei Tsvetkov (65:57)
O Dynamo Moscova 2–1 3–2 3-4 4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown, Maury (2008-05-23). "Continental Hockey League to Launch with 24 Teams in September". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2010. 
  2. Seren Rosso, Alessandro (2008-03-13). "Continental Hockey League takes shape". 
  3. IIHF staff (2008-06-08). "New league schedule announced". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]