Conversa usuario:Xabiercs

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola benvido á Galipedia, fermosas imaxes as que estás cargando, pero tes que lle poñer a licenza de uso, como a que figura na táboa que hai nesta páxina [1], podes ver tamén Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e Como marcar as imaxes, para contactar co resto dos usuarios tes a Taberna e as páxinas de discusión dos usuarios, para o que queiras non dubides en consultar, un saúdo.--Rocastelo(fálame aquí) 22:48, 26 novembro 2005 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Praia do Vilar.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes.
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?).

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo Lmbuga Commons - Galipedia 18:22, 27 decembro 2007 (UTC)

Ola, bo traballo pero para que non che borren as imaxes tes que indicar a orixe, se fuches ti quen tirou as fotografías debes indicar na páxina da imaxe que ti es o autor. Para o que precises. --Arco de Rayne 10:56, 29 marzo 2008 (UTC)

  • Ola de novo, simplemente para que a licenza sexa correcta tes que poñer na páxina da imaxe algo polo estilo Eu, Xabiercs, son o autor desta imaxe ou Autor:Xabiercs (no caso que ti sexas o autor da imaxe), podes ver un exemplo dun cadro cos datos dunha imaxe por exemplo aquí:Imaxe:Fonte da Feira do Trece.JPG.--Arco de Rayne 21:48, 23 abril 2008 (UTC)

Grazas polas túas contribucións. No caso desta imaxe, falta o DOG en que conste que esta bandeira foi aprobada. Dito dato pode servir como orixe da imaxe. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:30, 24 abril 2008 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Vaca galega no Vilar.jpg
Imaxe:Praia do Vilar 2.jpg
Imaxe:Vista dende Laxes.jpg
Imaxe:Vista dende A Cida.jpg
Imaxe:Vaca galega no Vilar.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Vaca galega no Vilar.jpg e das demais, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


--Lmbuga Commons - Galipedia 01:35, 24 abril 2008 (UTC)

Gustaríame poder atualo (tratalo de ti), pero unha vez que vostede comezou a tratarme coa forma de cortesía, por respecto, respondereille coa mesma forma.

Pode vostede culparme por facer o que fago, inda que resulta que o que fago é o que debo facer, e que non teño obriga de facer máis (podería facer máis, por axudar, por colaborar, se mo pedise cordialmente, pero non é o caso). Eu non teño por que saber que vostede engadiu o dato do DOG na páxina Galería de bandeiras dos concellos de Galicia (se se me tivese pasado pola cabeza, tería ido a esa páxina a mirar, pero nin se me pasou pola cabeza mirar, nin é a miña obriga). En cambio, si é obriga súa engadir nos datos da imaxe esa orixe (xa o fixen eu, unha vez que me decatei: vexa esta edición, inda que non entendo cales son os seus dereitos de autoría sobre a imaxe como para decidir que, se se usa esa imaxe noutra páxina, ten que ser vostede nomeado, pois iso significa a licenza GFDL, de aí outro PendenteImaxe).

Sobre se vostede desexa seguir colaborando ou non na Galipedia, pouco podo dicir: Espero que o reconsidere e poder atualo nun futuro. O que si lle rogo é que lle engada a orixe ás imaxes que subiu (se son súas, edíteas e expréseo), ou que me indique, se descoñece a súa orixe, que as borre por violación dos dereitos de autor), pois serán proximamente borradas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:05, 25 abril 2008 (UTC)

  • Ola Xabiercs, diríxome a ti, para que recapacites, xa que vin os teus artigos e gustáronme. Eu aínda levo pouco tempo na Galipedia e ó principio tamén cometín moitos erros, mais coa axuda de Lmbuga, Xabier Cid, Estevoaei e algúns máis fun paseniñamente afacéndome a traballar aquí. Ninguén pretende molestarte, só que vaias facendo as cousas como é debido. Recapacita. Saúdos.--PepedoCouto 15:27, 25 abril 2008 (UTC)
  • Coincido con PepedoCouto. Coincido en que ten que haber un malentendido. Primeriamente porque a etiqueta {{PendenteImaxe}} non implica ningunha actuación máis ca localizar a orixe (o DOG en cuestión) e engadir eses datos, non implica nunca borrar a imaxe. Se tes (ten?) a ben dialogar, encantado--Lmbuga Commons - Galipedia 16:56, 25 abril 2008 (UTC)

Ola Xabiercs. Non sei exactamente que é o que aconteceu para que foses bloqueado. Fun ver os rexistros de bloqueo e atopei que Albert galiza te bloquera indicando o seguinte no campo do resumo: bloqueado cun tempo de duración de para sempre (bloqueo automático deshabilitado) ‎ (A petición do seu usuario)

Non entendo moi ben o que quere dicir Albert, pero semella que considera que ti es quen solicitou o bloqueo, supoño que considerou iso por indicar na miña páxina de usuario que non ías colaborar máis, pero non o teño claro pois quizais ocorrese algunha outra cousa que descoñeza.

Se desexas que eu te desbloquee ou ser desbloqueado, faimo saber (envíoche esta mesma mensaxe ó teu correo electrónico para que che sexa máis doado contactar comigo). Podería facelo inda antes de falar con Albert, dado que temos unha excelente relación; así a todo, o preferible sería que o fixese o propio Albert a petición miña (ou túa).

Entendo que che parece excesivo, inadecuado ou improcedente que foses bloqueado, polo que podería tamén mandarlle xa unha mensaxe a Albert indicándolle que, posto que non abandonaches a colaboración na Galipedia, podería ser adecuado, se é que non hai algún impedimento ou suceso que eu descoñeza, que foses desbloqueado para así podermos dialogar comodamente. Pero considero que para facer tal cousa tes que solicitarme expresamente que medie e que axude a que sexas desbloqueado.

Evidentemente, as miñas palabras xorden do desexo de entrar nun proceso de diálogo normal. Dáme igual que ti, eu, ou Alberte, nos poidamos ter confundido en algo ou en todo, o importante é que no futuro deamos colaborado normalmente. Eu creo que todo isto ten solución sempre e cando ti tamén o creas ou o desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:38, 7 maio 2008 (UTC)

Escribo a continuación para aclarar o tema. O meu bloqueo foi unha solictude do usuario (que pode verse aquí), xa que na actualidade usa outro usuario, e non este, pedindo o borrado de conta de dous contas súas Xabierkhan e esta mesma, Xabiercs. Ademais o usuario pediu o renomeamento da conta que meprega actualmente, aproveito para dicilo (véxase aquí). Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:05, 7 maio 2008 (UTC)
Tras as palabras de Albert, dado que non me aclaraches previamente o que el transmite, cousas que ti sabías, agradeceríache que calquera mención a este suceso a fagas na Galipedia e non polo correo para maior claridade. Así a todo -é unha impresión- non me estrañaría que o conto morrese aquí (non o teño claro, teño que pensalo máis, pero paréceme que a intención que tes é fundamentalmente desacreditar). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:24, 7 maio 2008 (UTC)

Por certo, non puiden poñerme en contacto co correo que indicaches, devolveume a mensaxe, deume fallo. Supoño que ese correo existe, pero a situación é tan anómala que mesmo me permito preguntar se existe.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:27, 7 maio 2008 (UTC)

Non puiden comunicar porque deixaras mal o correo na miña páxina (xabiercs@hotmail.com). De tódalas maneiras non peocede que che envíe un correo porque non acabo de entender o que queres.
Fixen unha mínima composición de lugar e dou entendido algo do que ocorre: Perdiches o contrasinal da conta polo que non podes rectificar os datos das imaxes que subiches con ese usuario, pero estás solucionando moi ben o problema subindo esas imaxes a Commons. Logo pediches o bloqueo do usuario do que perdiches o control, e foi bloqueado. Se non tes o control do usuario, entendo que non procede desbloquealo. Hai ademais que considerar que non se poden ter dous usuarios. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:57, 8 maio 2008 (UTC)

Non me gusta o seu proceder se é que vostede foi o que fixo as edicións con dúas ips diferentes na miñá páxina de conversa e asinando co seu nome[editar a fonte]

É a última vez que lle respondo a unha cuestión sobre este tema se non se rexistra para editar na miña páxina (non sei se isto procede, pois non sei se vostede é a quen me debo dirixir, pois o proceder das ips é anómalo). Sigo sen saber se vostede é realmente Xabiercs ou se fai pasar por el (xa editou na miña páxina con dúas ips diferentes e asinando co mesmo usuario, polo que non sei con quen estou a falar). Tódolos datos que dá son incoherentes. Ó dicir que son incoherentes quero dicir que vostede ou mente ou é un desestabilizador nato. Que mente e pretende desestabilizar demóstroo a continuación


Disme que o meu enderezo é de Hotmail e non podes contactarme. Non sei por qué, sempre foi gmail, e eu sempre puxen Gmail nos mensaxes.

cando nesta edición pon o seguinte:

Se dixen iso, foi porque continuamente me estades a dicir que as imaxes non teñen licencia, cando si a teñen, e que as ides borrar (algo que non é xusto). Ser un pouco mais seguros cas vosas accions porque se borrades a todos os que se queixan...que pasa, vos non tedes erros??. Con esa politica de facer calar a quen se queixa a Galipedia non vai ir adiante. Eu teño lido comentarios de usuarios onde incluso se chega ó insulto disimulado e seguen a engadir artigos. Non é xusto. xabiercs - xabiercs@hotmail.com

  • Logo di:

Disme que eu perdin o contrasinal. Tampouco perdin o meu contrasinal.

Disme que eu solicitei a miña baixa como usuario. Tampouco solicitei baixa como usuario.

Disme que teño dous usuarios creados......na de na. Tampouco.

Que vostede solicitou o bloqueo da conta por ter dous usuarios é algo que eu contrastei aquí e tamén aquí. ¿De que vai vostede?

Déixolle esta resposta na súa outra posible conta, inda que quizais non sexa a súa conta e sexa vostede só un vándalo que queira marearme. Iso si, de aquí en diante só lle responderei sobre este tema se as explicacións son válidas ou se asina vostede como Xabier Cancela (pois eu renomeei o usuario Xabier a Xabier Cancela)

Grazas pola atención--Lmbuga Commons - Galipedia 23:53, 23 maio 2008 (UTC)

Xa me fartei[editar a fonte]

Rógolle lea Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios#User:Xabiercs / User:Xabier Cancela. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 01:24, 24 maio 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Lavadoiro de Pedrin.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Lavadoiro de Pedrin.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Xan de ningures 20:06, 22 marzo 2009 (UTC)