Conversa usuario:Rouge~glwiki
Benvido(a) á Galipedia, Rouge!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Fryant 20:16, 5 agosto 2007 (UTC)
Outro saúdo de benvida[editar a fonte]
Benvida á Galipedia Rouge. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:58, 6 agosto 2007 (UTC)
Dúbidas[editar a fonte]
Ola Rouge. Grazas pola túa colaboración e dedicación ó proxecto. Fixeches unhas preguntas na taberna. Respondín alí e escribo aquí o mesmo para que o teñas a man.
As imaxes de http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm non se poden subir. Na páxina non hai ningunha mención ó copyright. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
Polo que respecta á túa segunda pregunta, entendo que se deben poñer os nomes na lingua orixinal, repara no artigo El País. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 6 agosto 2007 (UTC)
desculpas tardías[editar a fonte]
Ola Rouge, quero pedirche desculpas tardías por non ter continuado na discusión talk:1 de xaneiro. Creín que nese caso o erro que cometeran User:Alex e User:Fryant fora o de non razoar porque decían que o contido non era enclopédico, pero que a reacció do administrador User:Xelo2004 non tiña xustificación ningunha xa que faltaban ao repeto aos seus interlocutores. a miña intervención foi branda e conciliadora. O resultado desa conversa acabou con que deixaras de participar e con que Fryant, seguramente perdera bastantes gañas e ilusións.
Por ser partícipe neste caso co meu silencio a que se faltase ao respeto máis mínimo respeto as persoas prégoche as miñas desculpas. Supoño a imaxe que terás dunha comunidade na que os administradores poden actuar ao seu xeito sen dar explicacións e chegando a presumir de que o seu cargo é vitalicio, e na que os demáis usuarios seguen ao seu como senón pasase nada debe ser moi negativa.
Pero pídoche que voltes a este proxecto polo seu propio ben. Creo que eras unha usuaria novata, non o sei, polo que o teu "potencial" ainda estaría por ver, pero como persoa mereces todos os respetos. agradecendo o teu tempo. Lansbricae (Ti dirás) 14:46, 1 setembro 2007 (UTC)
Ola Rouge,súmome á peticion de Lansbricae de que voltes á Galipedia. Seguramente non foches consciente dos acontecimentos que sucederon ás tuas denuncias no caso 1_de_xaneiro , pero o comportamento de certo administrador o 1_de_xaneiro foi o detonante dunha revolta que tivo os seus froitos (talvez momentaneos). Seria moi importante a tua volta para confirmar que a Galipedia, se se corrixen certas cousas, ten un futuro brillante do que nos sentiremos orgullosos nun futuro e disfrutaremos na edicion de artigos.
Eu levo tamén pouco tempo, pero conta coa miña axuda para o que necesites na Galipedia. Saúdos++ --Maañón 17:20, 1 setembro 2007 (UTC)
- Sinto moito o que pasou, alégrome que volvas ter ilusión na Galipedia.--Miñato 18:50, 1 setembro 2007 (UTC)
Cea[editar a fonte]
En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. -- Sobreira (parlez) 01:27, 18 decembro 2007 (UTC)
- Wikipedia:A Taberna (propostas)#Menús -- Sobreira (parlez) 18:08, 18 decembro 2007 (UTC)
xuntanza-ceanza[editar a fonte]
hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:01, 30 xaneiro 2008 (UTC)
Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]
Boas!
O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.
Por desgraza, a súa conta coincide con outra conta tamén chamada Rouge. Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único Rouge~glwiki. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se quere outro nome, fáganolo saber mediante este formulario.
A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.
Lamentamos os inconvenientes.
Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia
18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)
Renomeado[editar a fonte]
Esta conta foi renomeada como parte da finalização do login unificado. Se você possui esta conta você pode logar usando seu nome de usuário e senha anterior para mais informações. Se não gosta do novo nome desta conta, pode escolher outro você próprio usando este formulário após o login:Especial:GlobalRenameRequest. -- Keegan (WMF) (discussão)
19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)