Conversa usuario:Banjo/Arquivo 7
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 7: Do 18/11/2015 ao 04/01/2016
Engadir Modelo:Control de autoridades co bot?[editar a fonte]
Ola Banjo.
Poderías engadir {{Control de autoridades}} co bot a tódolos artigos dunha categoría? Por exemplo: aos cento e pico da Categoría:Premio Nobel de Literatura? --. HombreDHojalata.conversa 18 de novembro de 2015 ás 11:28 (UTC)[responder]
- Fantástico! ... Era unha pregunta retórica ;-) Xa sei que se pode facer.
- Comezar por Categoría:Premio Nobel estaría ben. Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 18 de novembro de 2015 ás 11:46 (UTC)[responder]
- Bo traballo!
- Outras candidatas boas: Categoría:Catedráticos e subcategorías; e subcategorías de Categoría:Doutores honoris causa por universidades. --. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2015 ás 10:00 (UTC)[responder]
Agora imos a Río[editar a fonte]
Cando poidas, a ver se o botiño pode cambiar as ligazóns de Río de Janeiro a Río de Janeiro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 11:38 (UTC)[responder]
- Grazas! --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 12:24 (UTC)[responder]
modeloːverificada[editar a fonte]
Ola, Banjo! O modelo é caralludo; atópolle un problemiña menor: tal e como o puxeches, había un espazo antes do punto final; intentei modificalo deixando o espazo no anaco destinado á data, pero non turra. Podes botarlle un ollo? Aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de novembro de 2015 ás 00:06 (UTC)[responder]
Wikipedia:Votacións/Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só[editar a fonte]
Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só, que rematará o 20 de decembro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! ☣Banjo tell me 20 de novembro de 2015 ás 07:41 (UTC)[responder]
RE:MediaWiki:Sitenotice[editar a fonte]
Ok, ata dentro dun anaco! Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 13:36 (UTC)[responder]
*negra -> letra grosa[editar a fonte]
Ola Banjo.
Para cando volvas, traballo para o bot:
- Substituír, en tódolos artigos da Categoría:Fórmula 1, e subcategorías, o código:
carreiras en '''negra'''
[1] por:carreiras en letra grosa
segundo: [2]
Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de novembro de 2015 ás 20:26 (UTC)[responder]
Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Civismo, que rematará o 20 de decembro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! ☣Banjo tell me 29 de novembro de 2015 ás 09:44 (UTC)[responder]
Artigos bos[editar a fonte]
Banjo, penso que aínda non se pode votar a andar estes artigos porque hai que aprobar as políticas de Wikipedia:Escolla do artigo bo e Wikipedia:O que é un artigo bo, é dicir, habería que facer dúas votacións para aprobalas e esperar a que sairan escollidas. Eu antes de lanzar esas votacións esperaría a resolver as dúbidas que indicou Piquito na taberna, non hai présa por ter esta categoría, pero si é certo que canto antes a teñamos, mellor. Por favor, desfai as propostas e seguimos a falar na taberna para ver como levamos adiante o proceso.
Ah, e perdoade, ti e Piquito, que non estivera ó tanto deste proceso pero é que co tema dos wikimaratóns deixeino un pouco pendente e xusto ía retomalo esta semana. Se vos parece ben, revisamos esta semana os detalles que estean pendentes, e se vemos que se aclararon lanzamos as votacións despois para que se aproben esas políticas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 09:48 (UTC)[responder]
- Xa, pero o que se aceptou foi crear a categoría de artigos bos, agora o que temos que facer é fixar as características que teñen que ter eses artigos e os detalles da súa escolla e aprobar as súas políticas, igual que se fixo cos artigos de calidade. En parte é burocracia pero en parte é tamén aclarar os últimos detalles. Imos pouco a pouco :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 10:10 (UTC)[responder]
- E para que teñades unha de area, que tal vos sona que a Galipedia teña medio stand no Culturgal 2016? :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]
Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]
Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.
Saúdos! ☣Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)[responder]
Universidade de Berlín[editar a fonte]
Boas Banjo! Vin que creaches as categorías da Universidade de Berlín. O tema é que son categorías duplicadas, xa que xa tiñamos a Categoría:Universidade Humboldt de Berlín coas subcategorías correspondentes, e son a mesma universidade. Sinto o traballo en balde! --Norrin (Fálame) 2 de decembro de 2015 ás 08:18 (UTC)[responder]
- Ola de novo! Pásalle o mesmo á categoría da Universidade de Breslau (xa temos Categoría:Universidade de Wrocław). En canto á Categoría:Universidade de Nova York, habería que revisar aos incluidos nela (hai algún que debería ir en Categoría:Universidade da Cidade de Nova York, cómpre diferenciala). Ten en conta que en Nova York temos a Universidade de Nova York (en:New York University), a Universidade da Cidade de Nova York (en:City University of New York), dúas organizacións estatais que levan o nome de Universidade Estatal de Nova York (pero que non son universidades estrictamente, son organizacións paraugas que dan apoio e coordinan todo o sistema de educación superior). --Norrin (Fálame) 2 de decembro de 2015 ás 08:28 (UTC)[responder]
Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Criterios de notoriedade, que rematará o 20 de decembro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! ☣Banjo tell me 4 de decembro de 2015 ás 12:29 (UTC)[responder]
Boas Banjo. Fixen este modelo traducido do inglés, pero por algún motivo que non acabo de entender, non está a funcionar como debería. Poderías botarlle un ollo? Moitísimas grazas.--Breogan2008 (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 15:26 (UTC)[responder]
- Vai perfecto. Grazas de novo.--Breogan2008 (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 16:06 (UTC)[responder]
- Acábome de decatar que non funciona o pé do gráfico. Poderías arranxalo? Polo demais todo xenial. ;)--Breogan2008 (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 18:38 (UTC)[responder]
Modelo:Vilavella[editar a fonte]
Ola, Banjo! Lembra que o criterio usado para os modelos dos lugares é o Nomenclátor da Xunta, non o IGE. Segundo isto, a parroquia de Vilavella ten 23 lugares. Amais, cumpría aquelar os modelos do concello das Pontes e axeitalos ao formato seguido nos doutros concellos. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de decembro de 2015 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Ola! Pois co do formato das caixas de lugares referíame a que a gran maioría das parroquias non teñen Navbox, e neste formato están só as do concello das Pontes e algunhas outras máis. Penso que era mellor unificar criterio e evitar as Navbox, porque facer o contrario levaría moito máis choio. Como o ves?
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de decembro de 2015 ás 14:06 (UTC)[responder]
Fotos en artigos[editar a fonte]
Boas Banjo, teño outra tarefiña para o bot. Atopei esta ferramenta que grazas ó Wikidata saca unha lista de artigos que teñen imaxe en Commons, entón habería que facer que os artigos sen foto se metan na categoría Artigos sen imaxe. Podería o bot revisar os artigos que non teñan a palabra Ficheiro, File, Image, etc e metelos nesa categoría? Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 10:37 (UTC)[responder]
- Tes razón, non me decatara diso..., pois a ver se nos ocorre algo para fiar mellor o conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 16:46 (UTC)[responder]
bot[editar a fonte]
Ola! Podes dicirlle ao bot que mude "Escudo de Orense.svg" por "Escudo de Ourense.svg", por favor? Non son moitos artigos, pero a man é un pouco incómodo. Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de decembro de 2015 ás 00:33 (UTC)[responder]
Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Autobiografía, que rematará o 10 de xaneiro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! ☣Banjo tell me 11 de decembro de 2015 ás 14:18 (UTC)[responder]
Referencia Mos[editar a fonte]
Que cousas máis raras fas, pero funcionan :), moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2015 ás 11:46 (UTC)[responder]
Imaxes[editar a fonte]
Ola, Banjo! Como vai?
Quería facerche dúas solicitudes técnicas, pois non atopo como arranxar.
· A primeira é ortográfica: cando vas borrar unha imaxe, un dos motivos que che aparece como opción é Imaxe sen *interés enciclopédico, e cumpriría mudalo por interese.
· Outra modificación sería en Especial:Subir; penso que sería útil que no apartado de descrición que aparece por defecto para incluír os datos, aparecese un oco para engadir as coordenadas da imaxe en cuestión. Creo que esta é unha eiva bastante grande, pois poucas das imaxes subidas na Galipedia están xeolocalizadas (nin todos os artigos susceptibles de selo).
Noutra orde de cousas: quería propoñerche a idea de seres burócrata. Es dos administradores máis veteranos, e os catro burócratas actuais (Alberte, Agremon, Toliño e Xabier Cid) están menos activos. Amais, ti estás bastante ao tanto do uso de bots, polo que saberías ben cando cumpriría atribuír ou retirar o status. Que che parece? De aceptares, abriría votación.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de decembro de 2015 ás 17:47 (UTC)[responder]
- Moitas grazas; vou agardar até que pase o Nadal para te propoñer a burócrata, xa que as normas de votacións indican que se deben evitar nesas datas. Aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de decembro de 2015 ás 19:13 (UTC)[responder]
Modelo:Liña do tempo[editar a fonte]
Grazas por arranxar o modelo. Eu marcárao como lixo porque ao final o modelo non me saía e era máis complicado do que parecía, e temía que me pedise de forma encadeada cada vez máis modelos. Iso foi o que me pasou cando fixen o modelo Chembox de caixa de composto químico, que parecía unha táboa moi sinxela pero empezou a pedirme modelos e cando facía un pedíame outros tres ou catro e así sucesivamente, e acabei facendo máis de 80 e quedei escaldado. Traducín no modelo os nomes das eras, períodos e subdivisións. Os nomes das subdivisións poden acabar en -ense (o máis habitual en España) ou en -ano (o máis habitual en América latina). Por exemplo, cenomanense/cenomaniano. Eu adoptei os nomes en -ano. Algúns nomes son moi raros (procedentes de topónmos xeralmente), polo que mantiven polo momento as grafías deses topónimos. De todos modos igual hai que refinar un pouco a tradución máis adiante, o que será fácil indo ao modelo en cuestión. Puxen o modelo de Liña do tempo na páxina fauna de Ediacara que fixera Xoio e que estamos a mellorarlle algúns detalles entre varios ultimamente, porque creo que é unha páxina boa e vistosa e ten estrela no wiki inglés e español (de onde procede). A ortografía creo que xa está arranxada e os Cómpre referencia xa teñen referencia e engadiuse este modelo de liña de tempo que faltaba. Agora poderán facerse modelos de liña de tempo similares para outros períodos que non os teñen (xurásico, cretáceo...). Agora xa ten que ser sinxelo e a ver se os vou facendo durante estas vacacións. Grazas outra vez, que supoño que sería complicado e traballoso.--Miguelferig (conversa) 18 de decembro de 2015 ás 21:01 (UTC)[responder]
Artigos de calidade[editar a fonte]
Boas Banjo! Veño de pechar a votación de Mass Effect 2, parabéns polo traballo. Persoalmente non lin o artigo porque son contrario a ese tipo de xogos, pero benvido sexa. Hai unhas semanas propuxen na taberna reorganizar a páxina dos artigos de calidade, e vendo que ese artigo saiu elixido creo que se vai facendo máis necesaria esta reorganización, xa que tal e como está a páxina agora, o artigo do videoxogo vai na mesma categoría que deportes e clubs deportivos... non sei, queda raro ver no mesmo sitio Mass Effect 2 e Celta de Vigo, CB Breogán, Montreal Canadiens ou salto de esquí... basicamente porque estes artigos non teñen nada que ver. Se queres podes pasarte pola conversa da taberna ou pola conversa da páxina que creei coas categorías que pensei e propoñer novas categorías e subcategorías das mesmas. Un saúdo! --Piquito (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 23:53 (UTC)[responder]
Imaxes[editar a fonte]
Ola. Unha pregunta sobre as imaxes. Algunhas que fixen eu que se indica que hai que revisar foron case todas feitas partindo de cero no inkscape por min (baseándome noutras, pero non modificándoas senón facendo todo desde cero). Outras levaban anos en Commons ou na Galipedia ou estaban en dominio público. Outra mensaxe que acabo de recibir directamente de Commons sobre imaxes é que me recomendan usar certas fontes "available in wikimedia", e indican unha lista que non entendín moi ben se son as fontes prohibidas ou as permitidas. Por exemplo, pode usarse a fonte Arial? O texto que me enviaron foi este: "Hello Miguelferig, thanks for your upload of the graphics File:Mitochondrion structure gl.svg. There is one thing you could improve. It is always good to select a font that is available on Wikimedia. You might select on out of https://noc.wikimedia.org/conf/fc-list. For further help you might use Commons:Commons SVG Checker or contact village pump Greetings". O meu irmán, que é profe de inglés, di que hai un erro no texto e onde di "on" debería dicir "one", e igual por iso non se entende ben. Adeus e felices festas.--Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2015 ás 13:05 (UTC)[responder]
Multimedia na categoría...[editar a fonte]
Tes toda a razón. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 30 de decembro de 2015 ás 07:50 (UTC)[responder]
Mapas de Florida e licenzas[editar a fonte]
Gracias Banjo, non sabía cómo operar con estas imaxes e supuxen que, ao modificalas sensiblemente, a licenza cambiaría. Por iso puxen as referencias da orixe, por se acaso... Novamente, gracias pola axuda e Bon Aninovo!--Castelao (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 18:30 (UTC)[responder]
Imaxe da portada[editar a fonte]
Banjo, en primeiro lugar desexarte feliz aninovo! Quería pedirte que lle botaras unha ollada cando podas á imaxe da semana, xa que non aparece correctamente e polo que parece debe haber algún lío co ano... Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 17:54 (UTC)[responder]
- Grazas, pero o problema parece que segue coa imaxe da semana seguinte, xa que aparece 1/2017. --AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 18:01 (UTC)[responder]
Hi! You deleted módulo:TableTools. As far as I remember there was a comment in the summary that some basic modules are called by other modules. Módulo:Primeiros pasos is broken now. Can you please undelete módulo:TableTools? Thanks in advance! Gangleri also aka I18n (conversa) 4 de xaneiro de 2016 ás 22:02 (UTC)[responder]