Conversa usuario:ARTURO AIRES

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia ARTURO AIRES. Non sei se interpretei correctamente a súa mensaxe, aquí vai a resposta: os trocos efectuados no artigo Xosé Luís Méndez Ferrín consitiron en restituír dúas ligazóns activas que cos seus cambios quedaban rachadas (Unión do Povo Galego-liña proletaria e Unión do Povo Galego) e eliminar unha ligazón externa duplicada http://www.frentepopulargalega.org que pode atopar no fondo da páxina. Se considera que hai un erro nos nomes desas páxinas pode expoñelo nas páxinas de discusión correspondentes a cada un deses artigos, indicando as fontes nas que se pode verificar para que poda facelo calquera dos usuarios da Galipedia. Ese é o procedemento habitual para ese tipo de cambios. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesite aí nós ten. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:27, 2 novembro 2006 (UTC)