Saltar ao contido

Conversa usuario:217.126.222.55

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 217.126.222.55 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ortografía[editar a fonte]

Ola; asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. A pesar de que pretendes dar leccións ortográficas a outros usuarios, cometes erros bastante básicos como pór 'dá' (do verbo dar) sen til, 'esto' por 'isto'...

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xuño de 2013 ás 18:22 (UTC)[responder]

Gráficos de evolución da poboación[editar a fonte]

Por favor, ten en consideración o expresado en: Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 26#Gráficos de evolución da poboación.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2013 ás 20:09 (UTC)[responder]

Orde de aparición da táboa e o gráfico de poboación[editar a fonte]

Boas: Vexo que ves cambiando sistemáticamente a orde de aparición da táboa cos datos numéricos de evolución da poboación e o gráfico de barras asociado, concretamente telo feito nas páxinas de Pontedeume, Cabanas e As Pontes. Non sei cal é o motivo que tes para facer ese cambio de orde e gustaríame sabelo. Non quero entrar nunha guerra de edicións antes de explicar por que o fago así. A razón é moi sinxela, o gráfico elabórase a partir dos datos numéricos. En todo traballo estatístico o primeiro paso é a recollida de datos (no caso que nos ocupa é a táboa de evolución da poboación), e posteriormente eses datos cocíñanse, isto é, calcúlanse certos parámetros que indican dalgunha maneira a distribución dos datos (media, mediana, moda, varianza, desviación típica, cuartís, etc.) e elabóranse gráficos de todo tipo (o de barras que nos ocupa, de sectores, pictogramas, polígono de frecuencias, etc.). Polo tanto, se o gráfico é unha consecuencia lóxica dos datos penso que, pola mesma lóxica, o gráfico debe ir a continuación da táboa de datos. Finalmente coloco ao final a táboa de poboación por tramos de idade, por seren estes datos os máis recentes, e deste xeito respéctase a orde cronolóxica. Ademais, o texto que acompaña a ambas cousas garda relación con esta orde polo que, de alterala, terías tamén que facer pequenos cambis no texto para que sexa congruente.

Agardo as túas razóns que, de seren convincentes, desistiranme de reverter os cambios. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de agosto de 2013 ás 20:10 (UTC)[responder]

Ola.
Con respecto aos dous temas, relativos aos gráficos de poboación, segues a facer o mesmo.
Non tes nada que dicir? --. HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2013 ás 18:20 (UTC)[responder]