Conversa categoría:Finados en accidente aéreo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Por" ou "en"[editar a fonte]

@HombreDHojalata: "Finados por accidente aéreo" -> "Finados en accidente aéreo" ? Movo co bot se che parece ben o cambio. Banjo tell me 28 de xuño de 2017 ás 21:32 (UTC)[responder]

Non che sei. "Por" non parece incorrecto. Outros colegas teñen unha chea de "por". --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2017 ás 21:38 (UTC)[responder]
Dígoo entre outras cousas porque o habitual nos medios, ata onde eu vexo, é o uso de "en" nestes casos.[1][2][3][4][5] En opinión persoal, eu entendo que "por" implica unha causa, mentres que "en" indica circunstancia. A circunstancia neste caso son os accidentes de turno, pero estritamente poderíase dicir que a causa da morte sempre é biolóxica (a interrupción de sangue ó cerebro, a falta de osíxeno, o trauma masivo etc.). Sen lialo moito máis, coido que neste tipo de contextos queda mellor "en". E tampouco me fío moito deses colegas para determinadas cuestións Banjo tell me 28 de xuño de 2017 ás 21:52 (UTC)[responder]

Os lusofalantes tamén fan uso do "por", pero, en fin, móvase (implica mover, tamén, subpáxina). --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2017 ás 22:04 (UTC)[responder]

Estes últimos tampouco se poñen moito de acordo en cal usar, empregan ámbalas dúas en casos semellantes. Listo o movemento. Grazas! Banjo tell me 28 de xuño de 2017 ás 22:17 (UTC)[responder]