Conversa Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas
|
O Ensino[editar a fonte]
Hai unha revista de pedagoxía publicada en Ourense entre 1980 e 1986, chamada O Ensino. Na entrada da GEG non cita a Paz Andrade entre os seus colaboradores. ¿Estamos falando da mesma revista? Pedro --Lameiro (conversa) 15:36, 22 de outubro de 2011 (UTC)
- Non sei, pero neste artigo do 13 de xuño deste ano, José Paz Rodríguez, que foi director dunha revista "O Ensino", fala das colaboracións de Valentín Paz-Andrade.--. HombreDHojalata.conversa 17:20, 22 de outubro de 2011 (UTC)
Liña temporal[editar a fonte]
A idea da "liña temporal" (ou cronobiografía) é algo que quixen facer noutros artigos, como o de Castelao (e tantas biografías), o do Estatuto e outros. Pero o seu sitio non pode ser o propio artigo, ¿quizais nun anexo? A verdade é que xa vai sendo hora de pensarmos en incorporalos a Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 24 de outubro de 2011 (UTC)
A miña idea era metela en Galilibros: b:Valentín Paz-Andrade e ligala dende o artigo da Galipedia co Modelo:Wikibooks.--. HombreDHojalata.conversa 13:02, 25 de outubro de 2011 (UTC)- Aí vai a primeira pedra: Cronobiografía de Valentín Paz-Andrade. --. HombreDHojalata.conversa 12:08, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Exposición en Coruña[editar a fonte]
O outro día pasei un momento ó lado da Fundación Luis Seoane e vin que teñen unha exposición de Valentín Paz-Andrade ata o 5 de maio, tentarei pasar por alí antes de que remate así que volo comento por se queredes que me fixe nalgún detalle concreto que faga falta para o artigo Unha cousa que vou tentar é averiguar a dirección da súa casa en Samil para ver se podemos pasar por alí a facerlle unha foto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:41, 31 de marzo de 2012 (UTC)
- Estupendo. A exposición pasará a Vigo o día 6. Máis info en http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions.
- Imaxes da casa poden verse no programa de 1990 da TVG Lembrando na súa voz, a partires do minuto 10:00. --. HombreDHojalata.conversa 08:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
- ¿E con esas imaxes pode localizarse a casa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
- Eu, polo menos, non. Apuntábao porque dan unha idea do tipo de casa que é (de pedra, non moi alta, con xardín, etc)... Non me fagas moito caso. --. HombreDHojalata.conversa 22:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
- Ah, vale, entendo, haberá que pescudar algo máis para poder dar co sitio exacto. Sobre isto comento que mandei onte un correo á Fundación Valentín Paz-Andrade pedindo esta información, a ver se nos poden axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:39, 2 de abril de 2012 (UTC)
- Eu, polo menos, non. Apuntábao porque dan unha idea do tipo de casa que é (de pedra, non moi alta, con xardín, etc)... Non me fagas moito caso. --. HombreDHojalata.conversa 22:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
- ¿E con esas imaxes pode localizarse a casa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
É esta: Pousa Nova do Mar. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xuño de 2013 ás 16:31 (UTC)
- Xa a vira fai tempo e tiña pendente darche a noraboa por atopala: Noraboa! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2013 ás 09:40 (UTC)
Guitiriz[editar a fonte]
Este verán, se non se me complican as fins de semana, teño pensado ir un finde a Guitiriz, espero poder facer unhas cantas fotos para o artigo de Díaz Castro. Se hai máis cousas que fotografar alí, a parte das comentadas na páxina, podedes apuntalas aquí e veremos o que me da tempo a facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2013 ás 09:40 (UTC)
Candidatos[editar a fonte]
Vexo que no proxecto aparece unha sección de candidatos. Habería que incluír a Pucho Boedo? Foi proposto por Manuel Rivas, mais antes de ser académico.
En canto aos futuribeis: Agustín Fernández Paz, falecido en 2016.--Jglamela (conversa) 21 de xaneiro de 2018 ás 15:10 (UTC)
- Adiante, Jglamela, inclúe, inclúe. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2018 ás 19:11 (UTC)