Conversa:Valentim Rodrigues Fagim

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Carlos Callón ten un artigo na wikipedia. Pensei que o presidente da principal asociación reintegracionista (e un dos colectivos que fundou a Mesa, por certo) merecía un artigo. Se ven sospeita poden borralo.--Rosamf 17:13, 26 xuño 2009 (UTC)

  • Non sei se non o entendiches ou non o quixeches entender. Mira o teu historial de edicións e dime se de verdade pensas que es o editor indicado para crear este artigo. Por favor, le o que che dixo na túa páxina de conversa Prevert e mira de colaborar noutros temas tamén. Ninguén pon en dúbida que este señor sexa importante, pero as políticas da galipedia non permiten que a edición sexa feita por unha parte interesada. Se lle sucedese iso a Carlos Callón, estaríamos nas mesmas. E se lle pasase a Obama, é dicir, se a súa administración lle fixese o artigo, pois máis do mesmo. De novo che reitero que procures espallar o teu coñecemento a outros campos alen do reintegracionismo, que, proporcionalmente, conta con espazo máis que de abondo na Galipedia. Un saúdo e ánimo cos vindeiros artigos. --Atobar (conversa comigo) 17:18, 26 xuño 2009 (UTC)
    • Creei o artigo sobre o actual presidente da AGAL porque dous dos presidentes anteriores tamén o tiñan, pensei que era un motivo para que fose relevante, laméntoo. E si, penso que son unha persoa adecuada para crear este ou outros artigos, que eu non teño filiación a ningún partido ou asociación. Non sabía que unha persoa non puidese editar só os temas que lle interesan, que no meu caso son a lingua e a natureza. --Rosamf 17:20, 26 xuño 2009 (UTC)
      • Claro que podes editar sobre as cousas que che interesan, mais tes que ter en conta que cun historial de colaboracións aínda pequeno (agardo que vaia medrando) e moi concentrado no reintegracionismo, está claro que os que nos preocupamos da neutralidade da galipedia interésense por saber se é algunha campaña propagandística, algo por desgraza frecuente no proxecto wikipedia, e co que somos moi atentos. Con todo, discordo coa creación da categoría Reintegracionismo que presenta moitas dúbidas, a maiores de onde foi colgada (en nacionalismo galego e política galega). Alberte Si, dígame? 17:27, 26 xuño 2009 (UTC)
  • Veño de arranxar o artigo e deixar o que creo que lle corresponde, procurando evitar unha posíbel propaganda. Así mesmo, arramplei co marcador de GloriaVa. Espero que sexa abondo e tamén que cese o cisma dos reintegracionistas desta última semana. --Atobar (conversa comigo) 17:38, 26 xuño 2009 (UTC)
  • Hello, people! Despois da polémica de case un ano atrás, editei o artigo para incluír un dato importante, que é o actual presidente da AGAL. Máis que nada, porque é o dato, creo, que fai o artigo relevante, sen menosprezar os traballos deste señor no ámbito da filoloxía--Rosamf 08:29, 16 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valentim Rodrigues Fagim. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 03:22 (UTC)[responder]