Conversa:Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia
Contidos a mellorar[editar a fonte]
- O xoves 12 xa había incendios, e na semana anterior.
- Cómpre sinalar que tiveron lugar na semana en que se rematou o contrato das persoas que traballaban nas brigadas.
- Cabe galeguizar as referencias; medios como Galicia Confidencial, Praza Pública ou Sermos Galiza fixeron un bo seguimento.
- Cabe sinalar en consecuencias as manifas organizadas o luns 16, así como o rebumbio nas redes sociais o día 15 (trending topic #ardegalicia)
- Cómpre relacionar cos incendios en Portugal e Asturias dos mesmos días.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de outubro de 2017 ás 20:53 (UTC)
Cambios na introdución[editar a fonte]
User:Sobreira, o formato das referencias non é axeitado, se non se usa o modelo de citas, o máis correcto é ligar o artigo do xornal engadindo o título. Seguindo isto a introdución quedaría como poño abaixo, se che parece ben como queda podemos pasala ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 18:18 (UTC)
A vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia son unha serie de incendios forestais que afectan a boa parte de Galicia en outubro de 2017, simultáneos con cadansúas vagas en Asturias e Portugal. Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. Os lumes afectan ás catro provincias galegas e provocaron catro mortos en Galicia[1] (44 en Portugal). Os presidentes de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,[2][3] e de España, Mariano Rajoy,[4] incidiron dun xeito sistemático que son intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeiros[5], xuristas[6][7], brigadistas e servizos de emerxencias[8] non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causas.[9][10] [11][12] [13][14][15] Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.[16]
- @Elisardojm: No problem, non o cambiei eu por que xa estaba canso e quería ir ver o do 155. Só unha cousa: a edición intercambia "dun xeito sistemático"<>"que son intencionados" e iso modifica o significado desa parte, e logo cambias o que non mencionan os profs de "system>intencion". De feito, os profs non negan que haxa intencionalidade, o que negan é que sexa terrorista (é dicir, sistemática). ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 21 de outubro de 2017 ás 22:16 (UTC)
- @Sobreira:, para min esa edición non cambia o sentido da frase, cambiei "incidiron que son intencionados dun xeito sistemático," por "incidiron dun xeito sistemático que son intencionados", que agora que o reviso penso que debería poñer "incidiron>, dun xeito sistemático,< en que son intencionados". O que fixeron de xeito sistemático (os presidentes) foi incidir, non que (os incendios son) intencionados dun xeito sistemático. E logo o cambio da segunda parte é porque o que os profesionais din nas referencias é iso, que a intencionalidade non é unha razón principal, entón xa non hai sistematicidade, meter aí a sistematicidade, para min, é complicar a frase. Pero ó mellor estoume a liar, destas cousas sabes ti máis ca min O:) Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 01:26 (UTC)
Notas[editar a fonte]
- ↑ «Tres muertos y miles de hectáreas calcinadas en Galicia, donde siguen activos 30 incendios» (en castelán) El Mundo.
- ↑ Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"
- ↑ Feijóo alenta que os incendiarios sexan xulgados por terrorismo na Audiencia Nacional
- ↑ Rajoy asegura que a vaga de incendios foi "provocada" e non "casualidade"
- ↑ Juan Picos: "Recorrer ás mafias para explicar os incendios é un xeito de calmar a nosa conciencia como sociedade"
- ↑ "En anos de investigación, nunca atopamos esa famosa trama incendiaria"
- ↑ A Fiscalía investiga se os incendios foron “coordinados”, pero lembra que ata agora nunca se probou
- ↑ Os sindicatos dos bombeiros forestais esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural
- ↑ "Feijóo recomendou chamar ao 112 para calquera cousa e colapsou a coordinación dos incendios"
- ↑ Os sindicatos dos bombeiros forestais esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural
- ↑ Máis de 70 incendios queimaron xa 8.500 hectáreas en 50 concellos galegos durante este ano
- ↑ "Queremos que Galicia tenga un modelo de prevención de incendios eficaz y no esta chapuza"
- ↑ Axentes forestais: "A Xunta dixo que non mantiña o dispositivo por razóns orzamentarias"
- ↑ "Feijóo recomendou chamar ao 112 para calquera cousa e colapsou a coordinación dos incendios"
- ↑ O número de mortes polos incendios en Portugal ascende a 31
- ↑ Rosa Aneiros criticouno como unha manobra de distración, mentres que Carlos Negro criticou tamén a cobertura da Televisión de Galicia
Frase na introdución[editar a fonte]
Sobreira, na introdución, a frase "Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren." non me "encaixa" moito..., basear esa información/acusación na opinión de dúas persoas non me parece neutral, eu quitaríaa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 18:22 (UTC)
- A min paréceme relevante, porque dá a interpretación de terceiros sobre porqué os presis non opinan o que todo o mundo. O que non me parecería neutral é que levase a opinión cantante o que din os presis, que simplemente se mencione que outros teñen outra opinión sen profundizar en que realmente son contrapostas, por iso hai uns terceiros que explicitan cal é a causa. Non pretendo ser nin oficialista nin conspiracionista nin antipresidencialista, pero se se presenta como non marcado ó discurso dunha parte hexemónica (como son os presis) sen presentar as razóns da opinión contraria, fáiselle o xogo e non é neutral. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 21 de outubro de 2017 ás 22:10 (UTC)
- De feito, agora que o penso, creo que o práctico e apropiado sería poñer toda a segunda parte do parágrafo intro en sección aparte. O título sería "Causa principal" ou algo así. Aí e así si tería moito sentido poñer o dos presis, o dos profs e o dos da cortina de fume. E obviar calquera deles sería "mala praxe". ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 22 de outubro de 2017 ás 00:54 (UTC)
- Ben, pois que quede entón, pero tal e como está agora creo que había que cambiala, porque o primeiro que pensei ó lela foi que era unha frase dos irmáns Marx :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 01:30 (UTC)
- De feito, agora que o penso, creo que o práctico e apropiado sería poñer toda a segunda parte do parágrafo intro en sección aparte. O título sería "Causa principal" ou algo así. Aí e así si tería moito sentido poñer o dos presis, o dos profs e o dos da cortina de fume. E obviar calquera deles sería "mala praxe". ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 22 de outubro de 2017 ás 00:54 (UTC)
Contido e interwikis[editar a fonte]
Orixinalmente este artigo foi unha tradución do artigo en castelán, titulado "Incendios de Galicia de 2017", e actualmente o artigo de es.wiki foi movido a "Incendios al noroeste de la península ibérica de 2017" engadindo máis contidos, polo tanto hai que decidir se cambiamos o título e engadimos a información sobre os incendios dos outros lugares da península, ou se eliminamos os interwikis, centramos este artigo nos incendios de Galicia e creamos outro artigo para os incendios da península... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 19:35 (UTC)
- Entendo o lóxico e un para todo o NW. Se non, como se titularía o outro artigo para o resto? Duplicaría info? ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 21 de outubro de 2017 ás 22:18 (UTC)
- Penso que ten sentido ter un artigo propio para o caso galego e outro máis amplo para o xeral. No caso galego hai unhas circunstancias moi concretas que precisan dunha análise de seu e profunda (especialmente no que respecta á xestión da Xunta). Penso que un artigo único vai ser demasiado xeral e vai obviar estes aspectos (algo lóxico, xa que do contrario sería un artigo enorme e inmanexable). Creo que podería facerse o artigo xeral, o galego e o portugués, e non creo que iso fora ningún disparate, hai información suficiente como para facer eses tres artigos moi completos, pormenorizados, neutrais... Iso é o que creo eu. Piquito (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 22:53 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://praza.gal/movementos-sociais/15208/a-batalla-contra-o-lume-concentrase-en-ourense-e-lugo-cunha-trintena-de-incendios-activos/ - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20180412145737/http://www.crtvg.es/informativos/o-parlamento-de-galicia-aproba-crear-unha-comision-de-estudo-sobre-politica-forestal-3541459 á ligazón http://www.crtvg.es/informativos/o-parlamento-de-galicia-aproba-crear-unha-comision-de-estudo-sobre-politica-forestal-3541459
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2019 ás 18:56 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170223083447/http://www.observatoriosostenibilidad.com/documentos/SOS16_v23_PDF_final.pdf á ligazón http://www.observatoriosostenibilidad.com/documentos/SOS16_v23_PDF_final.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de abril de 2019 ás 18:04 (UTC)