Conversa:VG-1.6

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lugar de Mosqueiros[editar a fonte]

Boas. Onde está o lugar de Mosqueiros? Porque ese punto onde conectan a VG-1.6 e a AP-53 está no Concello de Teo e nese concello non hai ningún lugar con ese nome (tampouco no concello veciño de Santiago de Compostela). É un misterio misterioso, porque ese Mosqueiros aparece en toda a documentación da Xunta (p.ex. na Listaxe do Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (estradas, treitos, concellos e totais) a 09/01/2024, XLSX, 275 kB) Ifrit.eu (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 17:46 (UTC)[responder]

Ola, Ifrit:
Iso é un misterio para resolver con Iker Jiménez para saber onde esta esta parroquia "pantasma", aínda que en teoría podería ser unha paraxe ou un río, ou unha cota, ou non o sei. Para resolver esta dúbida, ten que consultar á Xunta de Galicia para aclarar este asunto e pode engadir algo no OpenStreetMap ou non (non aparecía en ningures, nin tampouco en Google Maps).
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 5 de maio de 2024 ás 18:06 (UTC)[responder]
@Ifrit.eu: e @Autopistero20502020: aparece recollido en Galicia Nomeada (aquí). Non é un lugar poboado, senón un microtopónimo que dá nome a unha zona de arboreda. Non obstante, aparece recollido na cartografía do IGN (aquí) e na cartografía da Xunta de Galicia (aquí) como "Mosqueiro" a secas. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 5 de maio de 2024 ás 18:15 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Grazas pola información, así que é unha zona de arboreda, e creo que é como un pequeno bosque ou algo así, correcto? O que construíra este tramo estaba antes un pequeno bosque, non?
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 5 de maio de 2024 ás 20:16 (UTC)[responder]
Grazas! Ifrit.eu (conversa) 28 de maio de 2024 ás 11:20 (UTC)[responder]

Mellora do artigo[editar a fonte]

Mellorei o artigo coa nova ficha de transportes e ampla transparencia e información. Autopistero20502020 (conversa) 5 de maio de 2024 ás 17:59 (UTC)[responder]