Conversa:Rosario Álvarez Blanco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Seminario de Gramática[editar a fonte]

Continúa á fronte do Seminario de Gramática da RAG? Lles (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 13:12 (UTC)[responder]

Lista de obras : solucións?[editar a fonte]

O tamaño da lista de obras semella algo desproporcionado. Propoño:

  • Eliminar entradas á Enciclopedia galega, mencionalas, pero non listalas
  • Eliminar entradas a libros de homenaxes, agás especial relevancia dalgún en particular
  • Facer unha escolma de participacións en congresos
  • Limitar o número de artigos que aparecen na lista

Razón: unh artigo non debería aspirar recoller a totalidade das publicacións dunha investigadora: para isto temos as ligazóns externas ao seu perfil de investigadora onde figuran absolutamente todas e ademais están verificadas e actualizanse periódicamente.

Se hai moita discrepancia con isto podería crear unha páxina secundaria coa lista de obras, pero só a teño visto en biografías de persoas que xa non están en activo. O que non ten moito sentido é que a lista teña máis tamaño que o resto do artigo. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 00:01 (UTC)[responder]

Concordo coa proposta. Un artigo enciclopédico non é un currículo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2019 ás 07:03 (UTC)[responder]
Eu diría máis, penso que habería que eliminar a lista de artigos, non é preciso nin é viable listalos todos en tódolos persoeiros, é abondo citar as publicacións nas que colaborou. Ademais de que non hai un criterio de selección para facer unha escolma... Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 07:09 (UTC)[responder]