Conversa:Psicoloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Facemos páxina de homónimos?--Atobar (conversa comigo) 15:27, 13 maio 2009 (UTC)

  • O tema é o suficientemente amplo como para ter un artigo de seu como o de en.wp, mais non o temos (polo de agora). Nestes intres, cómpre darlle algo de formato. Non entendo de onde queres sacar os homónimos. --Toliño Fala aquí comigo 16:27, 13 maio 2009 (UTC)
    • Engadido ao comentario anterior. Creo que as definicións que se dan ao comezo ben poden integrarse nun artigo máis traballado, e polo tanto máis amplo. (Iso era o que quería dicir antes.) --Toliño Fala aquí comigo 16:31, 13 maio 2009 (UTC)
  • Comentábao porque vin que no artigo se deixaban dúas acepcións e despois consultando o Dicionario Cumio vin que podían ser até catro:

1.Ciencia que estudia os estados de conciencia.
2.Maneira de ser dunha persoa ou grupo.
3.fig. Habilidade, diplomacia.
4.Síntese dos caracteres éticos e de comportamento, referida a pobos ou nacións.
A iso me refería.--Atobar (conversa comigo) 16:44, 13 maio 2009 (UTC)

  • Unha páxina de homónimos implica (agás contadas excepcións) que vai remitir a diferentes artigos dado que hai varias páxinas que comparten título. Que páxinas ves que podes sacar de aí? E se puidésemos sacar algunha, os homónimos terían que ir en "Psicoloxía (homónimos)" e non aquí, que é onde falar sobre esta ciencia. --Toliño Fala aquí comigo 16:49, 13 maio 2009 (UTC)
Entendo. Con todo, eu vexo dúas acepcións ben diferenciadas: a Psicoloxía como ciencia e a Psicoloxía como maneira de ser, a psique, mentalidade ou como queiramos chamalo. En calquera caso, polo de agora, non temos máis ca este artigo, de modo que esquezamos o da páxina de homónimos e xa see retomará a idea no seu momento, cando toque. Polo de agora, tras das túas explicacións, concordo en que está ben como está. Un sáudo.--Atobar (conversa comigo) 17:42, 13 maio 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Psicoloxía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 23:03 (UTC)[responder]