Conversa:Proteína
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled[editar a fonte]
Elimino do artigo a seguinte frase: "Esta estrutura depende do medio onde a proteína se prega, de se conta de axuda como chaperonas, ou se algún prión induce amiloides a lámina beta."
Resulta inintelixible para calquera lector medio (e mesmo especializado), esixe moitas máis explicacións e... ¿que será iso de "chaperonas"?
Non o borro directamente porque confío en que algún bioquímico poida dar luz e recuperar esta información, pero de xeito intelixible. Pedro --Lameiro (conversa) 12:29, 8 marzo 2008 (UTC)
- Polo contrario eu creo que a frase estaba moi ben posta (por quen queira que a puxera), aínda que un pouco mal redactada. Todo depende de en que parte do artigo está. Se está no cabezallo non é apropiada, porque alí é mellor facer un resumo sinxelo do artigo sen entrar en cousas complicadas, pero se estaba nos capítulos posteriores estaba ben. Igual o lector medio non o entende (iso pasa moito con artigos de ciencia, e é normal), pero un lector só lixeiramente especializado pode entendelo. As proteínas dependendo do medio onde están vanse pregar dunha maneira ou doutra, xa que o medio pode ter un pH ou outro, presenza de sales ou substancias redutoras, etc. que afectan ao modo de pregamento da proteína. As chaperonas son proteínas que se unen a outras proteínas e que poden afectar ao seu pregamento e agregación, entre outras funcións que teñen (aquí debería estar chaperona entre corchetes, porque non son proteínas moi coñecidas, pero para iso están as ligazóns nas wikipedias). Tamén os prións, como o que causa a enfermidade das vacas tolas, actúan alterando o pregamento e conformación das proteínas, orixinando estruturas amiloides ou láminas beta (que tamén deberían estar entre corchetes). Igual a frase habería que explicala máis (e está mal redactada), pero non se pode explicar sempre extensamente todo, porque o artigo pode quedar moi longo e ás veces distrae do asunto que estás a tratar nun determinado capítulo. Empecei a facer a páxina Pregamento de proteínas, onde hai máis información sobre dito pregamento ; non sei cando a acabarei--Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2012 ás 19:52 (UTC)
Ampliación[editar a fonte]
Estou ampliando esta páxina para que chegue aos 30.000 bits, xa que é un dos artigos incluídos nos 1000 artigos imprescindibles dunha enciclopedia, engadindo diversos capítulos novos. Polo momento aínda non arranxei as referencias, pero xa o farei ao longo dos próximos días. A maioría do material novo procede do artigo inglés.--Miguelferig (conversa) 25 de maio de 2013 ás 23:32 (UTC)
- Rematado o meu traballo aquí polo momento. As partes novas proceden da páxina inglesa e as vellas mantivéronse en xeral, con algúns cambios e engádegas.--Miguelferig (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 21:20 (UTC)
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Protein" da Wikipedia en inglés, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Proteína. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://archive.is/20130415165742/http://bfgp.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18218650 á ligazón http://bfgp.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18218650
- Engadiuse o arquivo https://www.webcitation.org/6DDe19Gl8?url=http://www.rcsb.org/pdb/home/home.do á ligazón http://www.rcsb.org/pdb/home/home.do
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 07:52 (UTC)