Conversa:Nécora

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Deille a volta ao artigo. Non é admisíbel dar como o xénero ao que pertence esta especie o de Necora, e a continuación dicir que o nome científico é Liocarcinus puber. Así como tampouco afirmacións como a de que "denominacións científicas obsoletas, pero que aínda se poden ver con frecuencia, son as de Necora puber e Portunus puber", cando, precisamente, a denominación oficial admitida hoxe en día (e xa desde 1987) é Necora puber. Polo tanto, tan obsoleta é Portunus puber como Liocarcinus puber. Ou dicir que "é un crustáceo da familia do centolo", en lugar de dicir que é da familia dos portúnidos, tendo en conta que o centolo —a denominación máis estendida en Galicia é centola— pertence á familia dos máxidos ou Majidae. Por citar só os exemplos máis salientábeis. --XoioÉche o que hai 28 de decembro de 2012 ás 17:20 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Nécora. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 19:26 (UTC)[responder]