Conversa:Galiza Nova

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Que xeito é este de facer as cousas? Este artigo non está ben así. Non se pode sinxelamente facer propaganda do mesmo sitio oficial dunha agrupación política. Paréceme patético e contraproducente de cara ós intereses desta enciclopedia. --Adalbertofrenesi 19:22, 24 Dec 2004 (UTC)

Actualizar datos[editar a fonte]

<quote>Isca!, vinculada ao Movemento Galego ao Socialismo, segunda formación en importancia desde a última Asemblea Nacional (2009)</quote> Como a asemblea nacional máis recente foi en 2012, habería que suprimir ou actualizar esa parte. A falta de datos do resto de correntes, avogo por suprimir a frase.--Rosamf (conversa) 8 de febreiro de 2013 ás 12:40 (UTC)[responder]

4/3/20[editar a fonte]

Actualicen o Secretario Xeral. Alberte Fernández foi expulsado en 2019 (non hai fontes) e substituido por Paulo Ríos (fonte). Tamén é incorrecto que a Asemblea Nacional sexa unha metade de persoas escollidas e outra de representantes. Hai unha persoa da Asemblea de Feminismo e outra da LGTB.

Solicitude de edición[editar a fonte]

O logotipo subido no documento publicado non se corresponde co orixinal, que sería este

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Rn23572 (conversacontribucións) 4 de marzo de 2020 ás 17:04‎