Cambiei un par de "Trastamara" (sen til) por "Trastámara" (con til) porque esta segunda é a forma máis usada no texto do artigo, pero non sei cal pode se-la forma correcta.
A seguinte frase é moi confusa: "Non obstante chegaron a un acordo; don Henrique ofreceulle a posibilidade de renderse sempre e cando nos seguintes cinco meses e ata o día de Pascua de Resurrección coma data límite, don Pedro non acodiría ao seu auxilio, mesmo se aceptaba renderlle pleitesía respectaría os títulos e privilexios que seu irmán lle concedera".
Non se qué pode ser esta "Guiena", na frase "A Guiena francesa, en mans inglesas, foi a terra que o acolleu". Podería ser Güiena, pero nin idea.