Saltar ao contido

Conversa:Fernando Rodríguez García

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola, puxen o marcador de problemas por uns poucos elementos que, se ben non son de radical importancia, son unha mágoa para que o conxunto do artigo, que inclúe moitos datos e informacións, quede mellor. Os problemas que lle vexo son fundamentalmente dous:

  • A estrutura non está clara, e mestúranse comentarios sobre a súa técnica e sobre a súa vida profesional sen separalos debidamente. Deste xeito, é difícil atopar datos nun conxunto de texto moi grande e que só ten dous parágrafos.
  • Hai frases que son pouco verificables, e que corresponden a opinións das que non se sinala a fonte. Vou poñer un exemplo, pero hai máis. Esta é precisamente unha das intencións de Fernando, que o espectador entenda o seu traballo nun conxunto temático, xa que a natureza que a representa tamén forma un todo.. Sei que facer un texto sobre pintores contemporáneos é moi difícil, porque a miúdo as referencias que aparecen en catálogos e programas están trufadas destes comentarios que, para complicala máis, nin sequera van asinados en moitos casos.

Tamén se podían engadir máis ligazóns (por exemplo, aos tipos de materiais), pero ese desde logo non foi o problema polo que marquei o texto.--Xabier Cid 12:06, 3 setembro 2007 (UTC)

Tamén habería que indicar cal das tres Costoias de Silleda é a correcta, a de Fiestras, a de Siador ou a de Silleda-city. --Xabier Cid 12:08, 3 setembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Fernando Rodríguez García. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 12:58 (UTC)[responder]