Conversa:Eduardo Ferreirós Boullosa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Agradezo calqueira colaboración no artigo que poida aportar información nova e relevante, pero coido que o número de edicións deste artigo xa non está xustificado, tanto máis cando moitas delas non aportan absolutamente nada novo, introducen conxeturas e afirmacións non contrastadas, veñen a "parafrasear" e reinterpretar libremente outras edicións i, en definitiva, desvirtúan esta biografía.

E coma exemplo: .- a mención "falecido o 23 de agosto de 1936 no Pousadoiro" máis alá de non facer xusticia ós feitos, é inadecuada sabendo que: Eduardo Ferreirós foi capturado en Carril pola Guardia Civil i entregado ós grupos locais de falanxistas; foi conducido ó monte, lonxe da cidade, donde foi torturado con gran saña (fontes orais afirman que incluso lle cortaron os testículos e llos introduciron na boca), abandoando despois o seu cadaver na capela de San Antoniño do Pousadoiro, Cea, donde foi atopado un día despois -o día 23 de agosto-. Parece logo evidente que o termo "asasiñado", sen necesidade de afondar en detalles máis escabrosos, resulta máis adecuado que "falecido", que para nada se axusta ós feitos. .- a calificación de "sindicalista anarquista galego" non ten máis base por canto se deduce únicamente da súa pertenencia á C.N.T., sindicato que aglutinou a unha grande maioría de traballadores, e con moita presencia en poblacións coma as mariñeiras galegas (a CNT chegou a ter no ano 36 un millón e medio de afiliados en España: moitos obreiros e traballadores, e se cadra non tantos anarquistas). .- non está contrastado que fose "fillo de mariñeiro" (nin él mesmo, que moi ben puido ser estibador en Carril) .- en canto á afirmación "realizou colaboracións puntuais con distintos xornais, como El Pueblo Gallego", agradecerei referencias a calquer outro xornal máis que "El Pueblo Gallego" (e, por certo, nunca de forma específica "Sobre o tema da pesca e o marisqueo") .- i en canto ós posibles dereitos de autor polo artigo de "El Pueblo Gallego" (sempre citando con referencia explícita a fonte), lembremos que se trata de un artigo do ano 1.933 (máis de 75 anos!!), publicado nun xornal desaparecido hai casi 30 anos!! (...)

Moitas das referencias (biográficas, á causa militar, ó seu labor sindical, ... ) son modificadas ou reinterpretadas polos editores -cando non directamente eliminadas- sen un mínimo rigor, sen ser investigadas e contrastadas, e despreciando a fonte documentada.

Fontes, neutralidades e precisións[editar a fonte]

Ola, boa tarde, acabo de reverter a última edición feita por moitas razóns, e espero poder explicalas aquí, así como dar resposta ao comentario anterior.

  1. No artigo consta que foi asasinado cando ten que constar. É costume nos artigos da wikipedia que non se poña a causa do falecemento ao comezo do artigo.
  2. Se así se dixese, podería parecer que a importancia que ten este señor é que foi asasinado. Se así fose, debería ser cualificado de irrelevante (moitas persoas son asasinadas) e conseguintemente borrado.
  3. A supresión da categoría anarcosindicalismo (se te refires a iso) faise porque xa existe unha categoría máis precisa, e a de anarcosindicalismo sería redundante.
  4. Sobre se era ou non fillo de mariñeiro... cito un artigo que cita a propia IP: "Eduardo tiña dous irmáns máis novos ca el, un rapaz chamado Antonio e unha nena. El era o cabeza de familia dende que o seu pai, mariñeiro, afogara nun naufraxio que tivo lugar en 1924 na propia ría de Arousa" [1].
  5. Deduzo, pois, que a mellor opción sería borrar as referencias á súa actividade xornalística, porque non se pode cualificar de actividade se só escribe unha vez nun xornal. É isto así?
  6. Con respecto aos dereitos de autor, aínda que a cabeceira non exista non quere dicir que os dereitos de propiedade se extinguisen. En todo caso, sería interesante a cita cando estea achegando datos de valor sobre a vida ou feitos de Eduardo Ferreirós.
  7. A Galipedia, como todas os proxectos wikipedia, debe basearse en fontes rigorosas. Non é o caso deste artigo. O traballo que realicei de edición ata o de agora tratou de apoiar o máximo posible o texto creado por esta IP sen referencias, intentando que ese celo en facer as cousas ben non danase demasiado uns contidos que podían chegar a ser valiosos. Eera consciente de que se actuamos con rigor neste caso polo que se refire a fontes históricas, o único camiño que lle queda ao artigo é o borrado.
  8. Como é habitual en artigos referentes á Guerra Civil, a redacción pecaba dunha gran falta de neutralidade. Debemos lembrar neste punto que a wikipedia non é unha páxina de homenaxe, nin un sistema de vinganza, nin tampouco un sistema de reparación de feitos.
  9. Moitos destes artigos son creados por persoas intimamente relacionadas cos mencionadas (compañeiros ideolóxicos, veciños, familiares...). A este respecto, pódese consultar a norma en:Conflict of Interest, onde se explica por que hai que evitar esta práctica.
  10. Noutros casos os artigos baséanse en investigacións orixinais, e tivemos aínda non hai moito un caso disto. O rigor e a calidade histórica daos a revisión dos pares: se un traballo é orixinal e non foi revisado e contrastado por outros, non se pode confiar nel como fonte rigorosa e, ademais, é moi posible que se estea utilizando a wikipedia para promover fins ou investigacións alleos ao proxecto wiki.
  11. Finalmente, xa que facemos unha reversión, podemos tentar conservar os estilos e a estrutura que se corresponden cun artigo da wikipedia.--Xabier Cid Conversa 20:40, 8 decembro 2008 (UTC)