Conversa:Diario Oficial de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non existe a categoría Xustiza (nin Xurisprudencia). ¿Debería cambiarse por Dereito? (non sei se serán conceptos parellos). De crearse nova, ¿de onde colgaría? Pedro --Lameiro 16:33, 12 setembro 2007 (UTC)

  • Eu poñeríao en Dereito e Documentos que xa están creados e co tempo Documentos xurídicos, ou ben Publicacións xurídicas, ou concretando máis Publicacións Oficiais, pero todas estas últimas non están creadas. O punto da cuestión é que se trata dunha públicación que contén documentos con valor legal. Na miña opinión o ideal sería crear unha subcategoría dentro de dereito co nome de Publicacións oficiais, sen incluir esta subactegoría dentro de publicacións. Lansbricae (Ti dirás) 18:45, 12 setembro 2007 (UTC)
    • O problema é que a Administración publica moitas outras cousas (que non sei se se poden chamar "oficiais" pero que se toman como tal). Tampouco me parece lóxico algo así como "Normas legais" porque sería unha categoría moi restritiva: DOG, BOE, BOP e DOUE, e para de contar. Pero ó mellor, polas súas peculiaridades, merecen esa categoría para eles sós. Tamén podemos, por agora, crear esas Publicacións oficiais e logo, co tempo, xa veremos se cambiámo-lo criterio. Pedro --Lameiro 18:53, 12 setembro 2007 (UTC)
      • As publicacións oficiais ou boletíns oficiais son o instrumento legal necesario para a publicación de normas legais, é polo tanto un compendio delas. Agora ben Boletíns oficiais de España hai moitos, que se vaia a facer un artigo para cada ún xa o vexo máis complicado, xa que creo non aportarían moito, tódolos boletíns oficiais das provincias, os das comunidades autónomas e o BOE. No resto de paises tamén teñen instrumentos legais semellantes, logo cantidade hai bastante, pero que teña que facerse un artigo para cada un deles xa non o vexo (por exemplo en Galicia un para o B.P. de Pontevedra, outro do de Lugo, outro do de Ourense e outro da Coruña), como ti dis. Eu tamén descarto metelos en "Normas legais" xa que non o son, unha norma legal publicada no BOE é o Estatuto básico do empregado público, xuntar ambos nunha misma subcategoría creo daría lugar a equívoco. O de Publicacións oficiais non me termina de convencer pero semella a mellor opción e no momento de creala facer unha explicación para explicar o seu contido e deste xeito quedaría mellor explicado e delimitado o seu contido. Outra alternativa (a máis preguizeira) podería ser deixalo en dereito e cando se traballe con esa categoría ver onde incluílos, pero eu votaría por algo semellante a esas Publicacións oficiais. Lansbricae (Ti dirás) 19:31, 12 setembro 2007 (UTC)