Conversa:Casa das Campás

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome e máis datos[editar a fonte]

Estrañamente, non atopo a ficha desta casa en Turgalicia.

Nun libro que teño [Cegarra Martínez, Basilio (1995). Nigra, Comercial Gráfica Nós, ed. Atlas Arte. Galicia (en castelán). Vigo. p. 45. ISBN 84-87709-43-5. ] aparece unha foto dela, na que a construción ten moito peor aspecto (supoño que tirada antes da restauración) e o pé de foto pon exactamente:

CASA ALHÓNDIGA
(Pontevedra)

Alguén pode achegar algunha información máis? É un erro? (xa teño detectado outros erros nese libro) Recibe ese nome?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 19 de abril de 2014 ás 17:39 (UTC)[responder]

Usuario:HombreDHojalata: a rúa da Alhóndiga de Pontevedra está a carón da Casa das Campás, pero a darlle esa denominación a este edificio é incorrecto; a alhóndiga da vila estaba noutro sitio Aquí hai algo de información. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de abril de 2014 ás 19:38 (UTC)[responder]
A ficha da Casa das Campás no Catálogo Hist-Art. de Pontevedra (ficha 4-20-15) denomina esta casa como "Casa de la Alhóndiga". Pedro --Lameiro (conversa) 3 de maio de 2014 ás 21:57 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Casa das Campás. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 16:02 (UTC)[responder]