Saltar ao contido

Conversa:Carlo Colombaioni

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clown ou pallaso?[editar a fonte]

Na versión previa á miña edición dicíase que Colombaioni "Foi quen creou o estilo de improvisación da comedia dell'arte, inspirada pola comedia tradicional italiana". A redacción é equívoca e parece dar a entender que Colombaioni inventou a "commedia dell'arte" (que naceu no século XVI).

Por outra parte, no artigo utilízase sistematicamente clown, unha palabra que procede do inglés. Penso que o máis apropiado é utilizar unha palabra que xa leva máis tempo no noso idioma, pallaso (do italiano pagliaccio).

De calquera xeito, e segundo puiden mirar pola rede, utilízase moito no argot o termo clown por considerarse que pallaso resulta despectivo. Aínda que non comparto ese criterio, preferín ser conservadora e manter clown no artigo, pero en cursiva, xa que é unha palabra que non se axusta ás normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, ademais dun anglicismo (ao meu ver) innecesario. É o criterio que seguín, pero que matizo aquí, por se alguén quere realizar aportacións sobre este pormenor.

Grazas.

--Paulatk 11:01, 1 agosto 2008 (UTC)

  • Eu poría pallaso, non vexo problema xa que é a palabra no noso idioma. AlberteSi, digame? 12:19, 1 agosto 2008 (UTC)