Contraforte (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un contraforte (do italiano contrafforte) é, en sentido figurado, todo o que fortalece.

  • No calzado o contraforte é unha peza de coiro que reforza a parte posterior do zapato e facer que se axuste mellor ao pé.
  • En arquitectura un contraforte é unha forma prismática, especie de columna, acaroada a un muro, que serve para reforzar.
  • En arquitectura militar.
    • Machón que se instala para fortalecer unha muralla.
    • Forte que se constrúe fronte a outro para completar a súa defensa, ou ben para anulalo.
  • En xeografía e xeoloxía denomínase contraforte a unha ramificación de montañas de escaso desenvolvemento, unidas a ambos os lados dunha cordilleira, e tamén á parte dunha montaña formada por unha aresta secundaria que se apoia contra unha aresta principal.
  • En xeomorfoloxía un contraforte é un promontorio que se proxecta, en posición máis ou menos perpendicular, dunha escarpa ou dunha cordilleira.
  • En obras públicas, nunha presa ou nun dique, un contraforte é cada un dos machóns cuxa base se prolonga en forma de esporón e que constitúen o marco das comportas.