Codes and Keys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Codes and Keys
Álbum de Death Cab for Cutie
Publicado31 de maio de 2011
Gravación2010
Duración45:04
Xénero(s)indie pop, rock alternativo, indie rock
Selo(s)Atlantic Records, Barsuk Records
Producido porChris Walla
Cronoloxía
The Open Door EP
(2009)
Codes and Keys Kintsugi
(2015)

Codes and Keys é o o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Death Cab for Cutie, publicado o 31 de maio de 2011 a través dos selos Atlantic Records e Barsuk Records. Tanto Ben Gibbard como Nick Harmer dixeron que o disco sería "un álbum moito menos centrado na guitarra".[1] O primeiro sinxelo, "You Are a Tourist", estivo dispoñible en liña para streaming o 28 de marzo de 2011 na páxina oficial da banda e o disco estivo dispoñible en streaming o 23 de maio en NPR.[2] O disco estreouse no número 3 da lista Billboard 200, con 102 000 copias vendidas na súa primeira semana. En marzo de 2015 levaba vendidas 283 000 copias nos Estados Unidos.[3] O 30 de novembro de 2011 o traballo foi nomeado ao premio Grammy ao "Mellor álbum de música alternativa".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Ben Gibbard, agás "Home Is a Fire", "Unobstructed Views" e "Underneath the Sycamore, compostas por Gibbard e Chris Walla

N.º Título Duración
1. "Home Is a Fire"   4:04
2. "Codes and Keys"   3:22
3. "Some Boys"   3:11
4. "Doors Unlocked and Open"   5:37
5. "You Are a Tourist"   4:47
6. "Unobstructed Views"   6:11
7. "Monday Morning"   4:19
8. "Portable Television"   2:53
9. "Underneath the Sycamore"   3:27
10. "St. Peter's Cathedral"   4:30
11. "Stay Young, Go Dancing"   2:50
Cancións extra das edicións Deluxe e xaponesa
N.º Título Duración
12. "Portable Television" (versión demo) 2:55
13. "Some Boys" (versión demo) 3:25
14. "You Are a Tourist" (videoclip) 5:06

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Progress Report: Death Cab For Cutie". Stereogum. 2010-12-10. Consultado o 2019-11-06. 
  2. "First Listen: Death Cab For Cutie, 'Codes And Keys'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  3. "Upcoming Releases | HITS Daily Double". web.archive.org. 2015-03-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2015. Consultado o 2019-11-06.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)