Club Voleibol Las Palmas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Voleibol Las Palmas ou Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria Cantur por motivos de patrocinio, é un equipo de voleibol da cidade de As Palmas de Gran Canaria, Canarias (España). Foi fundado en 1976 co nome de Russell Hall Las Palmas, e durante esas tempadas tamén patrocinaron e deron nome ao equipo Hotel Cantur, Cintra, Electrolux, Costa 7, Tirma e Sandra.

Conseguiu o ascenso á máxima categoría do voleibol feminino español en catro ocasións sendo a primeira na tempada 1977-78 e tamén nas tempadas 1979-80, 1981-82 e 1999-00. Na tempada 2002-03 chegou o seu maior éxito ao conseguir o título de Liga e chegar ata o subcampionato na Copa CEV.

Ao finalizar a tempada 2009-10 fusionouse co Club Voleibol J.A.V. Olímpico.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]