Club Baloncesto La Casera Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Casera Lugo
Información xeral
Fundación 1972
Desaparición 1975
Cores                Negro, verde, branco
Patrocinador La Casera
Localización
Cidade Galicia Lugo, Galiza
Pavillón Palacio Municipal
Capacidade 3 500
Inauguración 1964

O Club Baloncesto La Casera Lugo,[1] foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Lugo. Fundado en 1972, chegou a ser subcampión da Segunda División, tan só por detrás do Club Baloncesto Breogán, o outro equipo da cidade. Tras o ascenso deste último á Primeira División, o La Casera disolveuse.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto La Casera foi fundado en 1972 por Juan Antonio Quiñoá co apoio da compañía de gasosa homónima. Antes da existencia do club en Lugo existiron equipos como o C.B. Celeste, aínda que o máis destacado era o Club Baloncesto Breogán, que naquela altura competía na máxima categoría do baloncesto español, a Primeira División. O La Casera comezou a súa historia competindo na temporada 1972−73 Terceira División, onde na súa primeira temporada consegue acabar en primeiro lugar do Grupo A con 21 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, quedando por riba de equipos como o Obradoiro CAB, o Club Bosco e o OAR Ferrol.[2] Na fase de ascenso á Segunda división o La Casera volveu ficar primeiro con 4 vitorias e 1 empate, nun grupo formado polo CB Bidasoa, o Empresa MT, o CA Baloncesto, o H. Trabajo e o Juventud OJE. Así o club lucense lograría o ascenso á segunda categoría estatal, a Segunda Dvisión.

Na tempada 1973−74 da Segunda División o equipo de La Casera, dirixido por Juan Quiñoá, estaba formado por Justo, Prieto, Postius, Bob Fullarton, Bermejo, Seral, Pancho Figueroa, Alfredo Domínguez, Miguel BVourio, Pepe Conde e Pirulo. Con este equipo o club finaliza a temporada en terceiro lugar, tan só por detrás do Club Águilas de Bilbao, que conseguiría o ascenso, e o Castilla Gamo de Valladolid. Na seguinte temporada, co descenso do Breogán á Segunda Dvisión, ía haber un derby local lucense co obxectivo de ascender á máxima categoría.

Na temporada 1974−75 o club La Casera, adestrado por Manuel Jato, contaba no seu elenco con Prieto, J.M. Pérez, Bob Fullarton, Elies, Cifré, Seral, Trigo, Pons, Conde, Suso Fernández e Tito Díaz. Os enfrontamentos entre ambos clubs saldáronse todos con vitoria do Breogán, que conseguiría regresar tan só un ano despois á máxima categoría. Os enfrontamentos entre ambos equipos foron os seguintes, sendo os dous primeiros de liga regular e o terceiro da fase de ascenso:[3]

12 de xaneiro de 1975 Breogán 102 – La Casera 52 Palacio Municipal
Pts: Alfredo Pérez (28) Pts: Bob Fullarton (23)
20 de abril de 1975 La Casera 58 – Breogán 79 Palacio Municipal
Pts: Bob Fullarton (18) Pts: Alfredo Pérez (25)
29 de abril de 1975 Breogán 100 – La Casera 76 Sevilla
Pts: Alfredo Pérez (34) Pts: Bob Fullarton (26)

Finalmente o La Casera quedaría clasficiado en segundo lugar con 21 vitorias e 7 derrotas, tan só por detrás do Breogán e por diante de equipos como o CB Valladolid ou o Obradoiro CAB. Após a finalización da temporada o La Casera disolveuse a algúns dos seus xogadores pasaron formar parte do proxecto de retorno do Breogán á elite.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Elenco de 1975[editar | editar a fonte]

La Casera Lugo 1974−1975 (Subcampións da Segunda División)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura
A 4 España Fernández, Suso 1,89 m (6 ft 2 in)
B 5 Galicia Díaz, Tito 1,78 m (5 ft 10 in)
AP 6 Galicia Seral, Antonio
P 7 España Elíes, Rafael 1,97 m (6 ft 6 in)
P 8 Fullarton, Bob 2,08 m (6 ft 10 in)
10 España Prieto
A 11 España Cifré, Pedro 1,92 m (6 ft 4 in)
12 España Trigo
B 14 España Pons, Joaquín
15 España Pérez, J.M.
B Galicia Conde, Pepe
Adestrador

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 12−092021

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Segunda Dvisión

  • Subcampión (1): 1975
  • Terceiro lugar (1): 1974

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V−D
1972–73 3 3ª División 21–1−2
1973–64 2 2ª División 18–2−6
1974–75 2 2ª División 28–7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un frío día de invierno". Somos Breogán. 11 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "XXXV Aniversario del baloncesto lucense". 1975. 
  3. Fernández, Cipriano (2016). El cincuentenario de Breogán [O cincuntenario do Breogán]. pp. 54, 55. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]