Clifford D. Simak
Clifford Donald Simak, nado en Millville (Wisconsin) o 3 de agosto de 1904 e finado en Minneapolis o 25 de abril de 1988, foi un xornalista e escritor de ficción científica estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras estudar na universidade de Wisconsin, trasladouse a Minneapolis (Minnesota), onde exerceu o xornalismo durante bastante tempo antes de converterse en escritor, traballando para diversos xornais do Medio Oeste , Min. En plena época pulp publicou o seu primeiro relato O mundo do sol vermello (1935). Non volvería publicar ata a Idade de Ouro, onde formou parte do chamado círculo de Campbell.
A el débense dúas das obras máis significativas do xénero: Cidade (1952), coa cal obtivo o International Fantasy Award; e Estación de tránsito (1963), coa que obtivo un Hugo á mellor novela en 1964.
A partir de mediados dos anos 60, influído pola nova onda, a súa obra sofre un progresivo declive. Non obstante, en 1976 recibiu o prestixioso galardón Gran Mestre da SFWA, premio en recoñecemento ao labor de toda unha vida dedicada á ficción científica. Faleceu con 84 anos.
Características da súa obra[editar | editar a fonte]
Simak escribiu ficción científica sociolóxica, pero tamén suscitou nas súas obras os problemas do tempo, da técnica e do futuro.
Nalgunhas das súas obras, Simak resucita dragóns, pantasmas, gnomos e fadas en universos onde loitan terrestres e extraterrestres.
Obra[editar | editar a fonte]
- Cosmic engineers (1939)
- Hobbies (1946)
- Time and again, (1951)
- Cidade (City, 1952)
- Ring around the sun, (1953)
- Time is the simplest thing, (1961)
- Estación de tránsito (Way station, 1963)
- All flesh is grass, (1965)
- Why call them back from heaven?, (1967)
- Our children's children, (1973)
- Shakespeare's planet, (1976)
- A heritage of stars, (1977)
- Highway of eternity, (1986)