Cinema quinqui
Coñécese popularmente en España como cinema quinqui o xénero cinematográfico que narra as vivencias de delincuentes de estrato social moi baixo, sempre novos ou moi novos, que acadaron sona polos seus delitos.
O xénero alcanzou o seu máximo esplendor a finais da década de 1970 e na de 1980, debido á grande inseguridade cidadá que vivía o país na época. Rodáronse numerosas películas e sagas, a gran maioría dirixidas por José Antonio de la Loma e Eloy de la Iglesia.[1]
Características[editar | editar a fonte]
É moi frecuente que nestes filmes un delincuente habitual se converta en actor e se interprete a si mesmo ou a outro delincuente a quen coñece ou coñeceu, co fin de darlle maior realismo.
Moitas destas películas, biográficas ou pseudobiográficas, narran a vida dun certo delincuente, a súa contorna, as súas falcatruadas, a exclusión social sufrida ou as torturas sufridas en comisaría, entre outros. O delincuente, pertencente decote ao pobo caló ou á etnia moinante, adoita ser presentado como "nobre" e fiel a certos valores, como a lealdade grupal, o amor a unha muller ("arrebatada" en ocasións a un clan ou grupo social rival) ou a preocupación polo benestar da súa familia.
O tema central do cine quinqui é a delincuencia e a marxinalidade que a rodea, incluíndo o mundo da droga.[2] Son habituais as escenas de toxicómanos preparando doses de heroína, "xutándoa" (inxectándoa), drogados ou co "mono" (síndrome de abstinencia).
Nalgúns casos móstrase o protagonista en situacións en que delinque co obxectivo de axudar economicamente a súa familia.
Tamén é común ver escenas eróticas e mesmo explicitamente sexuais.[2]
Reflicte unha gran crítica social e ataca de xeito directo moitos estamentos sociais aos que se acusa de corrupción ou desigualdade: políticos, corpos policiais, clases adiñeiradas, consumismo etc.
Outro tema habitual é o roubo de coches e posteriores persecucións por estradas secundarias ou grandes cidades entre os quinquis e a Policía Nacional.
O argot utilizado nestas películas pretende imitar o habitual de barrios humildes, de ambientes delituosos, así como algunhas palabras do caló.
Un dos personaxes máis famosos foi Juan José Moreno Cuenca, El Vaquilla, (1961-2003), de quen se fixo unha película biográfica.
Películas de cine quinqui[editar | editar a fonte]
Dentro do cine quinqui houbo varios directores. Porén, destaca a filmografía de José Antonio de la Loma (1924-2004), considerado o pai do xénero, e Eloy de la Iglesia (1944-2006).[3]
Filmografía de José Antonio de la Loma[editar | editar a fonte]
- El último viaje (1973)
- Perros callejeros (1977)
- Nunca en horas de clase (1978)
- Perros callejeros II: Busca y captura (1979)
- Los últimos golpes de El Torete (1980)
- Yo, "El Vaquilla" (1985)
- Perras callejeras (1985)
- Tres días de libertad (1995)
Filmografía de Eloy de la Iglesia[editar | editar a fonte]
- Los placeres ocultos (1976)
- El diputado (1978)
- Miedo a salir de noche (1980)
- Navajeros (1980)
- Colegas (1982)
- El pico (1983)
- El pico 2 (1984)
- La estanquera de Vallecas (1987)
Filmografía doutros directores[editar | editar a fonte]
- La Corea (Pedro Olea, 1976)
- ¿Y ahora qué, señor fiscal? (León Klimovsky, 1977)
- Juventud drogada (José Truchado, 1977)
- Las que empiezan a los 15 anos (Ignacio F. Iquino, 1978)
- Los violadores del amanecer (Ignacio F. Iquino, 1978)
- Chocolate (Gil Carretero, 1980)
- La patria del Rata (Francisco Lara Polop, 1980)
- Maravillas (Manuel Gutiérrez Aragón, 1980)
- Todos me llaman Gato (Raúl Peña, 1981)
- Barcelona sur (Jordi Cadena, 1981)
- Los jóvenes del barrio (documental) (Jaime García, 1982)
- Deprisa, deprisa (Carlos Saura, 1981)
- Que he hecho yo para merecer esto? (Pedro Almodóvar, 1984)
- De tripas corazón (Julio Sánchez Valdés, 1984)
- La reina del mate (Fermin Cabal, 1985)
- 27 horas (Montxo Armendáriz, 1986)
- El Lute: camina o revienta (Vicente Aranda, 1987)
- El Lute II: mañana seré libre (Vicente Aranda, 1988)
- Matar al Nani (Roberto Bodegas, 1988)
Outras películas[editar | editar a fonte]
- Historias del Kronen (Montxo Armendáriz, 1995)
- Barrio (Fernando León de Aranoa, 1998)
- Aunque tú no lo sepas (Montxo Armendáriz, 1995)
- Báilame el agua Josecho San Mateo, 2000)
- 7 vírgenes (Alberto Rodríguez, 2005)
- Sufre Mamón (Manuel Summers, 1987)
- Volando voy (Miguel Albaladejo, 2006)
- El idioma imposible (Rodrigo Rodero, 2010)
- Barcelona 92 (Ferran Ureña, 2013)
- Criando Ratas (Carlos Salgado, 2016)[4]
- Las leyes de la frontera (Daniel Monzón, 2021)
Referencias ao mundo quinqui[editar | editar a fonte]
- Na serie de televisión sobre avogados Turno de oficio (1986) houbo algún capítulo sobre o tema quinqui.
- O documental Del tirón al galope xira arredor do cine quinqui e a realidade socioeconómica da Transición e os anos 80.
Actores do cine quinqui[editar | editar a fonte]
- José Luís Fernández Eguia, "El Pirri" (1965-1988), actor, presentador de televisión, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose.
- Ángel Fernández Franco, "El Torete" (1960-1991), actor, delincuente e quinqui. Faleceu vítima da sida.
- José Luis Manzano (1962-1992), actor, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose.
- José Antonio Valdelomar, "El Mini" (1958-1992), actor, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose.
- Eulalia Espinet Borràs, "Laly Espinet" (1960-1994), actriz e condenada por tráfico de estupefacientes. Faleceu vítima da sida e dunha meningoencefalite aguda. Ao principio da súa carreira no cine de destape (cine S) tivo o nome artístico de "Andrea Albani".
- Sonia Martínez (1963-1994), actriz e presentadora de televisión. Faleceu vítima da sida.
- Antonio Flores (1961-1995), actor, compositor e cantante. Faleceu por sobredose dúas semanas despois da morte da súa nai, Lola Flores.
- Enrique San Francisco (1955-2021), actor e humorista. Faleceu dunha pneumonía bilateral.
Cantantes relacionados co cine quinqui[editar | editar a fonte]
- Juan Antonio Jiménez Muñoz, "Jeros" ou "Jero" (1951-1995), compositor e cantante de Los Chichos. Suicidouse ao tirarse do balcón da súa casa de Madrid.
- Edelina Muñoz Barrull, "Tina Muñoz" (1957-1995), cantante de Las Grecas. Sufriu esquizofrenia paranoide complicada con toxicomanía, pasou pola prisión de mulleres de Yeserías e varias clínicas psiquiátricas e chegou a vivir na rúa. Faleceu vítima da sida nun centro de acollida de Aranjuez.
Libros sobre cine quinqui[editar | editar a fonte]
- Quinquis dels 80: cinema, premsa i carrer (Amanda Cuesta e Mery Cuesta). CCCB - Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (2009).
- Quinquis, maderos y picoletos (Juan A. Ríos Carratalá). Ed. Renacimiento (2014).
- Fuera de la ley (Roberto Robles Valencia e outros). Ed. Constelaciones (2015).
- Goma-2: El cine explosivo de José Antonio de la Loma (Javier Ikaz). Ed. Applehead (2017).
- Lejos de aquí (Eduardo Fuembuena). Uno Editorial (2017).
- Cine quinqui: retrato de una sociedad a través de la música (Poochyeeh). Ed. Inflamavle (2020).
- The Spanish quinqui film: Delinquency, sound, sensation (Tom Whittaker). Manchester University Press (2020).
- Lejos de aquí, La verdadera historia de Eloy de la Iglesia y Jose Manzano (Eduardo Fuembuena). Autoedición (2021).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ABC (19 de novembro de 2013). "Manel se pasan al cine quinqui de los setenta en su último videoclip". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Europa Press (8 de xullo de 2010). "Madrid acoge una exposición del cine 'quinqui' de los años 80". Estamos Rodando. Consultado o 4 de maio de 2014.
- ↑ Jiménez, Pepo (abril de 2012). "Chocolate, lechugas y cine quinqui". Jotdown. Consultado o 4 de maio de 2014.
- ↑ Moltó, Daniel (31 de marzo de 2012). "El cine 'quinqui' renace en los barrios de Alicante". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Películas do xénero quinqui mellor valoradas en FilmAffinity.
- Antoloxía do Cine Quinqui Español
- Coloquio sobre a delincuencia xuvenil, no programa de La 2 (TVE) Historia de nuestro cine, presentado por Elena Sánchez Sánchez; emitido o 26 de nov. de 2016.