Cesáreo Rodrigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesáreo Rodrigo
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1819 Editar o valor em Wikidata
Coculina, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1895 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
15 de setembro de 1875 –
← José La Cuesta Maroto (en) TraducirPascual Carrascosa Gabaldón →
Bispo de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid
Real Universidade de Toledo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1876–), relixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJuan de la Cruz Ignacio, Cardenal Moreno y Maisonave Editar o valor em Wikidata


Cesáreo Rodrigo Rodríguez, nado en Coculina, no concello de Villadiego (provincia de Burgos) o 25 de febreiro de 1819 e finado en Ourense o 5 de xaneiro de 1895, foi un eclesiástico español, bispo da diocese de Ourense entre 1876 e 1895.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Burgos, e licenciouse na Universidade de Valladolid en 1840. Foi beneficiado en Villahán e Villamayor de los Montes. En 1849 obtivo a cátedra de Lóxica e Metafísica no seminario de Burgos, e en 1852 a de Lugares Teolóxicos e Institucións.

Aires da miña terra, 2ª ed., 1881.

Doutorouse en Sagrada Teoloxía pola Universidade de Toledo, e foi nomeado vicerreitor do Seminario, Examinador sinodal e xuíz secretario da arquidiocese de Burgos. O cardeal Juan Ignacio Moreno y Maisanove nomeouno secretario e Canónico da catedral de Burgos, cargos que ocupou até que en 1863 Moreno foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Valladolid. Acompañou o cardeal Moreno nas súas viaxes a Roma, como secretario e como teólogo consultor, e axudouno no Concilio Vaticano Primeiro (1878). En 1862 fora nomeado camareiro do papa Pío IX.

Foi gobernador eclesiástico. O 23 de setembro de 1875 foi preconizado no Consistorio como bispo de Ourense, consagrado na Colexiata de San Isidro de Madrid o 6 de febreiro de 1876 polo cardeal Moreno. Tomou posesión do cargo o día 18 dese mes.

Durante a súa etapa como bispo de Ourense visitou todas as parroquias da diocese e en 1893 levou a cabo unha das máis importantes reformas parroquiais do bispado ourensán.[1] Tamén promoveu a construción do Colexio de Santa Tareixa de Xesús, a cargo das Irmás Carmelitas da Caridade. Amais impulsou o Seminario Conciliar de San Fernando, e impuxo diversas medidas para contrarrestar a decadencia do clero.

Denunciou o escritor Manuel Curros Enríquez pola publicación da obra Aires da miña terra, ao considerar que varios dos poemas atentaban contra os dogmas e relixión católica. No Boletín Eclesiástico do 28 de xuño de 1880 declaraba prohibida a lectura do libro por herexía e blasfemia[2][3].

Tivo como secretario a Juan Soldevilla Romero, a quen consagrou como bispo en 1889. Escribiu diversas obras teolóxicas e pastorais. Foi Cabaleiro Gran Cruz de Isabel a Católica, e Senador do Reino. En Ourense unha praza leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo da XXX Exposición Filatélica: mostra de coleccionismo San Martiño. Sociedade Filatélica Miño de Ourense. 2020. p. 43. 
  2. "Boletín Eclesiástico del 28 de Junio de 1880", na BVG.
  3. "Escudo de Ourense: Obispo Cesáreo Rodrigo", artigo no blog Edificios de papel, 13 de agosto de 2014 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]