Castro de Tralocastro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′55″N 8°16′03″O / 43.53202, -8.26749

Castro de Tralocastro
ParroquiaEsmelle
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036002
Cronoloxía
Períodos de escavaciónanos 1977-1978
Estado actualestudo
Extensión estimada1,7 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Tralocastro ou Castro de Esmelle é un poboado castrexo fortificado situado no cumio dun monte na parroquia de Esmelle (Ferrol)[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

O recinto principal ten forma case circular. De norte a sur uns 76 m e de leste a oeste uns 89 m. A construción ten tres muros de forma case concéntrica aproveitando a forte pendente natural. O poboado ten dous accesos. O principal na zona sur leste a outra no nordeste. Polo interior, paralelamente aos muros de pedra, discorre un camiño.

Nas escavacións xunto ao segundo muro ao sueste atopáronse dúas edificacións con muros de pedra. A primeira situada máis alta tendo un espazo de 1,7 m por 1,8 m. Os muros de pedra miden ata 80 cm de altura. Na segunda construción as esquinas son redondeadas. Os muros teñen un groso de 50 cm hai dúas zonas, unha inferior de 40 cm a modo de cimentos e a superior de 70 cm. de superficie lisa. A función destas construcións é descoñecida.

O castro está catalogado e protexido por patrimonio, é propiedade do concello de Ferrol que realiza traballos de estudo.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]