Castro de Coaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Coaña
ParroquiaVillacondide
ConcelloCoaña
ProvinciaAsturias
Comunidade autónomaAsturias
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo I a século III
Data da descubertaDesde antigo
Períodos de escavación1877
1940
1958
Estado actualVisitable. Aula de interpretación anexa
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Asturias

O castro de Coaña, tamén chamado El Castrillon ou Castilón, é un castro sito na freguesía de Villacondide, preto do lugar de Porto, no concello de Coaña, na zona occidental do Asturias, en España. Atópase na beira esquerda do río Navia, nun pequeno outeiro sobre o rego Xarriou.

O castro data do século I, perdendo importancia a partir do século III. Foi o primeiro castro que se estudou. É actualmente Monumento Histórico Artístico e conta desde 1993 cunha Aula Didáctica.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro consta dunha acrópole rodeada dunha muralla, que só se conserva na súa parte oeste, un poboado defendido cunha muralla máis débil e cun baixo nivel de urbanización, pola desorde construtiva que amosan as vivendas, exentas e, na maioría, de planta circular. Fóra das fortificacións hai un terceiro espazo que é coñecido como o recinto sacro, onde destaca a existencia de estanques.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

O castro foi escavado por José María Flórez en 1877; por Antonio García Bellido e Juan Uría Riu en 1940; e por Francisco Jordá Cerdá en 1958.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]