Casa do Óptico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Óptico
Fachada da casa do Óptico, reconvertida na sede da EOI de Ribadeo
Edificio
LocalizaciónRibadeo
Coordenadas43°32′21″N 7°22′55″O / 43.539166666667, -7.3819444444444Coordenadas: 43°32′21″N 7°22′55″O / 43.539166666667, -7.3819444444444
editar datos en Wikidata ]

A Casa do Óptico é unha casa de indianos situada en Ribadeo, no lugar do Xardín. Construída nun terreo de 2940 m², conta con tres plantas de 225 m² (medidas polo SIXPAC).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi construída a comezos do século XX. Na actualidade é a sede da EOI de Ribadeo, despois de albergar entre 1955 e 1958[1] o Instituto Laboral Ribadense e máis tarde o Centro de FP de Ribadeo (anos 1970) e despois ó Centro de adultos Dámaso Alonso, que pasou a depender do Instituto Carlos M. Rodríguez de Valcárce.

Conserva a acacia e a palmeira plantadas a comezos do século XX[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000