Casa de Sela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Sela
Vista desde o NE, 2007
Edificio
LocalizaciónRibadeo
Coordenadas43°32′19″N 7°02′46″O / 43.538611111111, -7.0461111111111Coordenadas: 43°32′19″N 7°02′46″O / 43.538611111111, -7.0461111111111
Construción
Construción1869
editar datos en Wikidata ]

A casa de Sela[1] é unha casa de indianos situada en Ribadeo, construída en 1869 e polo tanto, unha das máis antigas casa de indianos da vila.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha mansión con planta en U, duns 500 m². Conta cun extenso xardín interno con árbores xa vellas, minguado xa no século XXI pola construción na súa parte traseira dun extenso bloque de vivendas. Hai xa tempo a parte dianteira da mansión abranguía un xardín público, en transformación nestes momentos para facer nel un 'parque de Indianos'.

A mansión foi mandada construír por unha familia retornada de México[3], e na actualidade segue a ser casa familiar.

A súa construción bebe das construcións galegas da época, coa integración do granito entre outros elementos. Non obstante, hai documentos que indican unha certa réplica dunha casa en México. O seu xardín integra vexetación indíxena, palmera incluída. A galería leste é rechamante mesmo dende o exterior do cercado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casa de Sela na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. "9.Casa de Sela e xardín de indianos". Arquivado dende o orixinal o 18/10/2019. Consultado o 6/9/2017. 
  3. "Casas de Indianos en Ribadeo. III-Casa de Sela". Consultado o 6/9/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]