Carlos III de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos III de España

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Carlos III Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1716 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 1788 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Monarca de España
10 de agosto de 1759 – 14 de decembro de 1788
← Fernando VI de EspañaCarlos IV de España →
Xefe de Estado de España
10 de agosto de 1759 – 14 de decembro de 1788
Rei de Sicilia
2 de setembro de 1734 – 6 de outubro de 1759
← Carlos VI de AlemañaFernando I das Dúas Sicilias →
Rei de Nápoles
10 de maio de 1734 – 6 de outubro de 1759 (Abdication of Charles III of Spain from the Throne of Naples (en) Traducir)
← Carlos VI de AlemañaFernando I das Dúas Sicilias → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Real de Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de España
Rei de Navarra
Rei de Galicia
Rei de Granada
Rei de León
Rei de Aragón
Rei de Castela
Rei de Xerusalén Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Amalia de Saxonia (1738–1760), morte do cónxuxe
FillosMaria Josefa de Espanha (pt) Traducir, María Josefa Antonieta de Borbón y Sajonia, María Isabel Antonieta de Padua de Borbón y Sajonia, María Isabella Anna de Borbón y Sajonia, Infante Felipe, Duque de Calábria (pt) Traducir, María Teresa Antonieta Francisca de Borbón y Sajonia, Francisco Xavier de Espanha (pt) Traducir, Gabriel de Borbón, María Ludovica de Borbón y Sajonia, Antonio Pascual de Borbón, Carlos IV de España, Fernando I das Dúas Sicilias, María Ana de Borbón y Sajonia Editar o valor em Wikidata
PaisFilipe V de España Editar o valor em Wikidata  e Isabel de Farnesio Editar o valor em Wikidata
IrmánsMariana Vitoria de Borbón, María Teresa de Borbón y Farnesio, María Antonia Fernanda de Borbón, Filipe I de Parma, Lois Antón de Borbón e Farnesio e Francisco de Borbón e Farnesio Editar o valor em Wikidata
ParentesLois I de España (irmán consanguíneo)
Filipe Lois de Borbón (irmán consanguíneo)
Filipe Pedro de España (irmán consanguíneo)
Fernando VI de España (irmán consanguíneo) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
6 de outubro de 1759Abdication of Charles III of Spain from the Throne of Naples (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-69 Find a Grave: 8852600 Editar o valor em Wikidata

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Filipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Rei de Nápoles e Sicilia[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado en Nápoles e Sicilia, soubo gobernar, reformar e modernizar o reino, unificándoo, conquistando o amor dos cidadáns xunto coa súa amada esposa María Amalia de Saxonia, continuou as súas guerras contra Austria e participou xunto con Francia e España nos chamados "Pactos de Familia"

Logo da modernización do estado, dedicouse a explorar as artes, protexeu os pensadores científicos, comezou as escavacións das ruínas de Pompeia. A morte sen descendencia de Fernando VI de España, fixo recaer en Carlos a Coroa de España, que pasou a ocupar en 1759, deixando con gran tristeza tanto dos reis como do pobo, a coroa do Reino de Nápoles e Sicilia ao seu terceiro fillo, Fernando I.

Rei de España[editar | editar a fonte]

Tralos falecementos de Lois I e de Fernando VI sen descendencia, o trono de España pasou a Carlos III, fillo máis vello de Filipe V e Isabel de Farnesio, con grande experiencia de goberno como rei de Nápoles.

Política exterior[editar | editar a fonte]

A Guerra dos Sete Anos (1756 a 1763)[editar | editar a fonte]

O primeiro asunto que o Rei tivo que tratar foi a Guerra dos Sete Anos. O monarca español viuse obrigado a tomar parte na guerra trala ocupación británica de Honduras e a perda da colonia francesa do Quebec, o que requiriu a intervención española no conflito para frear o expansionismo británico por América.

En 1761 asinarase o Terceiro Pacto de Familia e España entrou no conflito bélico. A guerra terminou coa Paz de París de 1763. España cedeu a Gran Bretaña a Florida e territorios de golfo de México, a cambio da Habana e Manila, conquistadas polos británicos, e a Luisiana francesa. Portugal, aliado británico, recuperou Colonia de Sacramento.

Guerra de independencia dos Estados Unidos (1776 a 1783)[editar | editar a fonte]

España continuou a alianza francesa. Así, na guerra de independencia dos Estados Unidos, interveu xunto a Francia contra Gran Bretaña en apoio á emancipación das trece colonias británicas. O Tratado de Versalles de 1783 puxo fin á guerra. España recuperou Florida, os territorios do golfo de México, aínda que non puido facer o mesmo con Xibraltar. España, desta forma, contribuíu á independencia dos Estados Unidos, feito que creou un precedente para a emancipación das colonias españolas no século XIX.

Mediterráneo[editar | editar a fonte]

O monarca interveu no norte de África co dobre obxectivo de conseguir liberar o mar de piratas berberiscos e obter concesións económicas.

Política interior[editar | editar a fonte]

En política interior, o intento de modernizar a sociedade utilizando o poder absoluto do monarca baixo un programa Ilustrado denominouse despotismo ilustrado.

Despotismo Ilustrado[editar | editar a fonte]

Carlos III de España estatua do Real Xardín Botánico de Madrid.

Na liña do despotismo ilustrado propio da súa época, Carlos III realizou importantes reformas -sen crebar a orde social, política e económica básica- con axuda dun equipo de ministros e colaboradores ilustrados como Esquilache, Aranda, Campomanes, Floridablanca, Wall e Grimaldi.

Promulgación da Pragmática[editar | editar a fonte]

En 1783 Carlos III promulga a pragmática que recolle os seguintes aspectos:

  1. Os xitanos son cidadáns españois.
  2. Debe deixarse de dicir xitano xa que tódolos cidadáns son iguais.
  3. Os nenos deben ir á escola a partir dos 4 anos.
  4. Os xitanos son libres de fixar a súa residencia.
  5. Os xitanos poden empregarse ou traballar en calquera actividade.
  6. Os xitanos teñen dereito a asilo e atención aos seus enfermos.
  7. Os gremios que impidan a entrada ou se opoñan á residencia dos xitanos serán penalizados.
  8. Impóñense penas a quen obstaculice a integración dos xitanos.

Así a todo, para que o xitano poida gozar destas igualdades, debe de cumprir unhas condicións:

  • Abandonar a súa forma de vestir.
  • Non usar a súa lingua (o caló) en público.
  • Asentarse e abandonar a vida errante.
As reformas de Esquilache[editar | editar a fonte]

O monarca nomeou a marqués de Esquilache Secretario de Facenda. Este incorporou señoríos á Coroa, controlou os sectores eclesiásticos e reorganizou as Forzas Armadas. O seu programa de reformas e a intervención española na guerra dos Sete Anos provocaron que se necesitasen máis ingresos, que se conseguiron cun aumento da presión fiscal e novas fórmulas, como a creación da Lotería Nacional. Ao mesmo tempo liberalizou o comercio dos cereais, o que orixinou unha subida dos prezos dos produtos de primeira necesidade por mor das especulacións dos acaparadores e das malas colleitas dos últimos anos.

En marzo de 1766 produciuse o Motín de Esquilache. O seu detonante foi a orde de cambiar a capa longa e o chapeu de á ancha dos madrileños pola capa curta e o chapeu de tres picos. A manipulación realizada por sectores nobiliarios e eclesiásticos converteuno nun ataque directo á política reformista levada a cabo por ministros estranxeiros do goberno do Rei. De Madrid, trasladouse ás provincias afectando a cidades como Cuenca, Zaragoza, A Coruña, Oviedo, Santander, Bilbao, Barcelona, Cádiz e Cartaxena entre outras moitas. O aglutinador común foi a protesta pola escaseza e a suba dos prezos dos alimentos ocasionados pola liberalización do comercial.

Os amotinados esixiron a redución do prezo dos alimentos e a supresión da Xunta de Abastos, a derrogación da orde sobre a vestimenta, o cesamento de ministros estranxeiros de Carlos III e a súa substitución por españois e un perdón xeral. O monarca desterrou a Esquilache e nomeou no seu lugar ao conde de Aranda.

A política relixiosa[editar | editar a fonte]

Desaparecidos os ministros estranxeiros, o Rei apoiouse nos reformistas españois como Pedro Rodríguez de Campomanes, o conde de Aranda ou o conde de Floridablanca. Campomanes, nomeado fiscal do Consello de Castela tratou de demostrar que os verdadeiros indutores do motín de Esquilache foran os xesuítas. Nomeouse unha comisión de investigación e as súas principais acusacións foron:

  • As súas grandes riquezas.
  • O control dos nomeamentos e da política eclesiástica.
  • O seu apoio ao Papa.
  • A súa lealdade ao marqués da Ensenada.
  • A súa participación nos asuntos de Paraguai
  • A súa intervención no devandito motín.

Sectores da nobreza e diversas ordes relixiosas estiveron claramente en contra. Por todo iso, mediante o decreto real do 27 de febreiro de 1767, foron expulsados de España e tódolos seus dominios e posesións foron confiscadas.

A expulsión dos xesuítas quíxose aproveitar para realizar unha reforma do ensino que debía fundamentarse nas disciplinas científicas e na investigación. Someteu as universidades ao padroado real e creou en Madrid os Estudos de San Isidro (1770) como centro moderno de ensino medio destinado a servir de modelo e tamén as Escolas de Artes e Oficios, que perduraron ata o século XX (cando pasaron a chamarse Escolas de Formación Profesional, EFP). As propiedades dos xesuítas foron utilizadas para a creación de novos centros de ensino e residencias universitarias. As súas riquezas, para beneficiar os sectores máis necesitados, dedicáronse á creación de hospitais e hospicios.

As reformas económicas[editar | editar a fonte]

O impulso cara á reforma da agricultura durante o reinado de Carlos III foi impulsado polas Sociedades Económicas de Amigos do País. Campomanes, influído pola fisiocracia centrou a atención nos problemas da agricultura. No seu Tratado da Regalía da Amortización, defendeu a importancia desta para conseguir o benestar do Estado e dos cidadáns e a necesidade dunha máis equitativa distribución da terra.

En 1787, Campomanes elaborou un proxectou de repoboación das zonas deshabitadas das terras de reguengo de Serra Morena e do val medio do Guadalquivir. Para iso, e supervisado por Pablo de Olavide, intendente real de Andalucía, trouxéronse inmigrantes centroeuropeos. Tratábase principalmente de católicos alemáns e flamengos, para fomentar a agricultura e a industria nunha zona despoboada e ameazada polo bandoleirismo. O proxecto foi financiado polo Estado. Fundáronse así novos asentamentos como A Carolina, A Carlota ou A Luisiana, nas actuais provincias de Xaén, Córdoba e Sevilla.

Reorganizouse o exército, ao que dotou dunhas Ordenanzas en 1768 destinadas a perdurar ata o século XX e impulsouse o comercio colonial: formando compañías como a de Filipinas e liberalizando o comercio con América en 1778. Tamén destaca o Decreto de libre comercio de grans de 1765.

Entre as formulacións teóricas para o desenvolvemento da industria destacou o Discurso sobre o fomento da industria popular de Campomanes, para complementar con ela a economía das zonas rurais e facer posible o seu autofornecemento. As Sociedades Económicas de Amigos do País encargáronse da industria e a súa teoría nesta época.

Outras medidas reformistas do reinado foron a creación do Banco de San Carlos, en 1782 e a construción de obras públicas, como a Canle Imperial de Aragón e un plan de camiños reais de carácter radial, con orixe en Madrid e destino Valencia, Andalucía, Cataluña e Galicia.

A sociedade[editar | editar a fonte]
  • A nobreza: Descendeu en número, debido á desaparición dos fidalgos nos censos polas medidas restritivas cara a este grupo polo Rei. Representaba o 4% do total da poboación. O seu poder económico acrecentouse grazas aos matrimonio entre familias da alta nobreza, que propiciaron unha progresiva acumulación de bens patrimoniais. O Rei mediante un decreto en 1783 aprobou o traballo manual e recoñeceuno, favorecendo os nobres. A partir dese momento os nobres podían traballar, cousa que antes non podían facer, unicamente podían vivir das súas riquezas. Os títulos nobiliarios aumentaron coas concesións feitas por Filipe V e Carlos III. Creáronse a Orde Militar de Carlos III e a das Reais Mestranzas con estatutos nobiliarios. En contrapartida puxéronse numerosas restricións aos morgados e aos señoríos, aínda que nunca chegaron a desaparecer durante o reinado.
  • O clero: Representaba un 2% da poboación. A Igrexa posuía cuantiosas riquezas. Segundo o Catastro de Ensenada era propietaria da sétima parte das terras de labor de Castela e da décima parte do gando lanar. Aos bens inmobles engadíanse o cobramento dos décimos, aos que se descontaban as terzas reais, e outros ingresos como rendas hipotecarias ou alugamentos. A diocese máis rica era a de Toledo, cunha renda anual de 3 500 000 reais.
  • O estado raso: Era o grupo máis numeroso. Nel atopábanse o campesiñado, que gozaban de certa estabilidade económica. Os xornaleiros sufrían situacións de miseria. De acordo co Catastro de Ensenada, os artesáns representaban o 15% do total dos asalariados e tiñan mellores retribucións cós campesiños. A burguesía comezou a despuntar timidamente en España. Localizada na periferia peninsular, identificouse cos propósitos reformistas e os ideais ilustrados do século. Foi especialmente importante en Cádiz, polo monopolio comercial americano, Barcelona e Madrid.

A herdanza: unha Nación[editar | editar a fonte]

Estatua ecuestre de Carlos III en Madrid.

Cando o rei morreu en 1788 terminou a historia do reformismo ilustrado en España, pois o estoupido case inmediato da Revolución Francesa no ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador. Axiña, a invasión francesa arrastraría o país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría o século seguinte, sen deixar espazo para continuar un reformismo sereno como o que desenvolvera Carlos III.

Entre os aspectos máis duradeiros da súa herdanza quizabes haxa que destacar o avance cara á configuración de España como nación, á que dotou dalgúns símbolos de identidade (como o himno e a bandeira) e ata dunha capital digna de tal nome, pois se esforzou por modernizar Madrid (coa construción de paseos e traballos de saneamento e iluminación pública) e engrandecela con monumentos (da súa época datan a Porta de Alcalá, o Museo do Prado -concibido como Gabinete de Historia Natural- ou a inauguración do novo Xardín Botánico, en substitución do antigo de Migas Quentes) e con edificios representativos destinados a albergar os servizos da crecente administración pública. O impulso aos transportes e comunicacións interiores (coa organización do Correo como servizo público e a construción dunha rede radial de estradas que cubrían todo o territorio español converxendo sobre a capital) foi, sen dúbida, outro factor político que actuou no mesmo sentido, acrecentando a cohesión das diversas rexións españolas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]