Carlos Gil Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Gil Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Director técnico Real Federación Española de Atletismo
1979 – 1988 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Carlos Gil Pérez, nado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1931 e finado en Salamanca o 25 de decembro de 2009,[1][2] foi un atleta, adestrador e dirixente deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Santiago de Compostela viviu a maior parte da súa vida en Salamanca. Nesa cidade adestrou ducias de deportistas entre 1955 ata 2009, case todos homes e case todos velocistas. En 1958, un dos seus pupilos, José Luís Albarrán, proclamouse campión de España de 200 metros no vello Estadio de Anoeta en Donostia, e en 1960 converteuse no primeiro salmantino en participar nuns Xogos Olímpicos. Despois del fixérono José Luis Sánchez Paraíso, Rosa Colorado e Antonio Sánchez, así como o zamorano Frutos Feo. Os seus atletas acadaron numerosos campionatos e récords de España.[1][2]

De 1979 a 1988 asumiu o cargo de director técnico da Real Federación Española de Atletismo.[1] Con el chegaron ao atletismo español as primeiras medallas olímpicas en Moscova 1980 e nos Ánxeles 1984.[2] Foi durante anos seleccionador español de atletismo e no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta de Milán en 1982 España marcou un dos seus grandes fitos, conseguindo cinco metais.

Tamén destacou na xestión deportiva e foi un dos impulsores do deporte en España. Na Real Federación Española de Atletismo reestruturou toda a parte técnica con adestradores expertos e impulsou a creación de axudas aos deportistas que acabarían derivando nas bolsas ADO, ofrecendo 80 000 pesetas durante catro anos a algúns deportistas que brillasen nos Xogos Olímpicos e nos campionatos de primeiro nivel.

Dedicou a súa vida ao deporte e era fácil velo nas pistas do Helmántico con máis de 70 anos adestrando deportistas. Na súa última etapa adestrou entre outros a Adrián Ingelmo, Ángel García, Saturnino González, David Berrocal, Pedro Ceballos e Elvis González. Tamén foi profesor do INEF, a facultade de ciencias do deporte, en Madrid[3].

Ademais da súa faceta estritamente deportiva, escribía artigos para El Adelanto, o xornal local[3].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1968 recibiu en Salamanca a Medalla da Real Orde ao Mérito Deportivo de mans de Juan Antonio Samaranch. En 2007 recibiu a medalla de prata de mans do rei Xoán Carlos I, e en 2010 a medalla de ouro a título póstumo.[4][5]

En Salamanca celébrase desde 1999 o Memorial Carlos Gil Pérez, un evento de atletismo. Tamén leva o seu nome a pista cuberta de La Aldehuela, unha vila nos arrabaldes de Salamanca[3].

Abusos[editar | editar a fonte]

En 2024 unha investigación do xornal El País publicou[3] que dous antigos atletas foran vítimas de abusos sexuais por parte de Carlos Gil nas décadas de 1970 e 1980, mentres adestraban con el ou eran amigos de xente que adestraba con el. A mesma investigación tamén recolle testemuños doutros atletas que non sufriron abusos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]