Carambelo
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/Carambelos_en_Hofbieber%2C_Alema%C3%B1a_%28xaneiro_de_2016%29.jpg/220px-Carambelos_en_Hofbieber%2C_Alema%C3%B1a_%28xaneiro_de_2016%29.jpg)
Un carambelo[1], tamén coñecido como carambo[2], candea[3] ou caramelo[4], é un pedazo de xeo longo e de forma cónica que se forma cando a auga que pinga dun obxecto se conxela por efecto da xeada. Adoitan formarse cando se derrete a neve ou o xeo e a auga formada entra en contacto de novo con temperaturas inferiores a 0 °C, volvéndose conxelar.
En galego, carambelo ou caramelo, tamén pode facer referencia á capa de xeo que se forma na superficie dun líquido cando vai moito frío.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carambelo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carambo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para candea.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caramelo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carambelo ![]() |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Carambelo |