Cando petan na porta pola noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cando petan na porta pola noite
Título orixinalCando petan na porta pola noite
Autor/aXabier P. Docampo
OrixeGalicia Galicia
LinguaGalego
ColecciónColección Fóra de Xogo
Xénero(s)Terror
EditorialXerais
Data de pub.Febreiro de 2005
Páxinas96[1]
editar datos en Wikidata ]

Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.

Argumento[editar | editar a fonte]

O libro divídese en catro relatos; "O espello do viaxeiro", "O fornadas", "A loba" e "O cumpremortes". Cada un destes relatos conta historias diferentes, que o fin ó cabo, demostran principios ou traen algunha ensinanza agochada.

"O espello do viaxeiro"[editar | editar a fonte]

Xabier P. DoCampo.

Un viaxeiro que anda perdido pola noite encontra unha casa e pídelle ó dono da casa acubillo.

A sorpresa do viaxeiro dáse cando ve que o seu hospedeiro é igual a el excepto nunha cousa: faltáballe a pálpebra do ollo esquerdo.

Esa noite os dous homes falan e beben viño ata o punto de poñerse violentos, o viaxeiro ataca o hospedeiro e este defendese cun ferro ó roxo vivo, o hospedeiro dálle na pálpebra e o viaxeiro queda sen ela.

O viaxeiro, ó ver que agora xa eran iguais, pensou que o hospedeiro fixérao premeditadamente e deulle morte, despois soterrouno e ese mesmo día chegaron a muller e o fillo do hospedeiro que o tomaron por el. Así pois, a condena do viaxeiro foi vivir a vida do hospedeiro para o resto dos días.

"O Fornadas"[editar | editar a fonte]

Nunha aldea vivía unha vella que era o demo en persoa.

Os veciños xa estaban fartos dela, e un día uns mozos decidiron darlle unha malleira para que aprendese. O caso é que mallaron na vella ata cansar e cando xa o deran por feito, o rabo do machado suxeitado polo Teixo caeu na fronte da vella e o sangue empezou a escorrer pola súa faciana.

Como ningún dos mozos estaba disposto a confesar, levárona a un forno en desuso e prendéronlle lume, os mozos quedaron ollando como a vella ardía e de súpeto a vella ergueuse e quedou ollando para os mozos, os mozos empezaron a correr e a vella ergueu o brazo e quedou sinalando o Teixo.

Os mozos deron o tema por finalizado e volveron cada un para a súa casa, pero ós catro días os gardas chegaron e empezaron a facer preguntas. Como era ben sabido que os mozos foran mallar na vella, foron presos e cando chegou o xuízo foi o Teixo o que apandou. Estivo dous ou tres anos na cadea e cando saíu deu por pagada a súa débeda coa sociedade.

Un día estaba o Teixo nun campo e empezoulle a contar a súa historia a un home. O que pasaba era que o Fornadas, que así o chamaban agora, era vítima da vella dende o inferno. A vella aparecíalle cada noite e por algunha forma estraña collíalle un órgano do corpo e comíao fitando para el, ata que o deixou baleiro e morreu. Cando lle fixeron a autopsia no tiña nin un só órgano.

"A loba"[editar | editar a fonte]

Había un rapaz moi xeitoso chamado Silvestre, e moi botado a mocear con moitas rapazas á vez. Un día ía camiñando e tivo que pedir acubillo na casa dos de Revoldás, que tiñan unha filla moi xeitosa chamada Isaura. O rapaz rapidamente empezou a mocear con ela e a Isaura quedou en estado. O Silvestre mesmo lle dou palabra de casar con ela, pero un día alá marcharon os dous á Coruña pola mañá e volveron pola noite.

Desde aquela nada máis se soubo de Silvestre por Revoldás. Pouco despois sóubose que casaba con outra pola Candeloria; o día da voda a Isaura tivo os folgos para baixar e dicirlle o Silvestre: débesme un fillo, ti veras como mo pagas. Pasados uns días a Isaura apareceu aforcada nunha árbore, ditouse de suicidio e por iso non a enterraron no camposanto de parroquia. Un tempo despois a muller do Silvestre tivo un fillo. Un día pola noite baixou á casa do Silvestre unha manda de lobos encabezados por unha loba moi fera cos ollos da cor do lume, e que ninguén fora capaz de pillar. Os homes foran todos a buscar os lobos e na casa só estaban a muller do Silvestre e o fillo; a loba entrou na casa, colleu o fillo coa boca e marchou ata un palleiro, escondeu o rapaz detrás da palla e púxose en fronte da porta. Cando o Silvestre chegou ó palleiro e viu a loba soa, prendeulle lume á palla.

Cando a muller chegou e contoulle o ocorrido, o Silvestre entrou para salvar o seu fillo. Cando deron apagado o lume, encontráronse tres corpos: o da loba, o do Silvestre e o do fillo.

"O cumpremortes"[editar | editar a fonte]

Un home recibe unha carta de loito que di que vai morrer ese día, pero sen indicar inicialmente o ano. En cartas sucesivas descobre tamén o ano. O home, despois de cavilar, pensou que tiñan que vir da morte, e mudouse. Vagando pola cidade chegou o día e o ano en que presuntamente ía morrer. Tras sentar nun banco, unha muller preguntoulle a hora, el díxolle que non tiña reloxo, ao que ela respondeu que xa pasaban das doce da noite. O home, sen entender nada, dixo: "ó final foi unha broma", pero a muller, que confesou ser a autora desas cartas, díxolle que non, mais que el se librara da morte por intentar loitar contra o seu destino.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao catalán por Mireia Alegre co título de Quan de nit truquen a la porta publicado en 1996 pola Editorial Barcanova, Col. Antaviana jove[2].
  • Ao castelán por Rafael Chacón Calvar co título de Cuando de noche llaman a la puerta publicado en 1996 por Editorial Anaya.
  • Ao éuscaro por Koldo Izaguirre Urreaga co título de Gauez ate joka datozenean publicado en 1996 por Elkar, Col. Branka[3].
  • Ao portugués por Isabel Ramalhete co título de Quando batem à porta pela noite publicado en 2003 por Ámbar, Col Fóra de série[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do libro na páxina de Xerais
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]