Camill Heller
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1823 Teplice (pt) |
Morte | 25 de febreiro de 1917 (93 anos) Innsbruck |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo , carcinólogo , profesor universitario , anatomista |
Empregador | Universidade de Innsbruck |
Lingua | Lingua alemá |
Camill Heller, nado en Teplitz (Bohemia) o 26 de setembro de 1823 finado en Innsbruck (Austria) o 25 de febreiro de 1917, foi un zoólogo e anatomista austríaco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Heller naceu na cidade termal de Teplitz (hoxe Teplice), daquela pertencente (Imperio Austríaco. Estudou en Viena, alcanzando en 1854 o título de doutor en medicina. Desde 1858 a 1863 foi profesor de zooloxía e anatomia comparada na universidade de Cracovia (Polonia), e desde 1863 até a súa xubilación ensinou na universidade de Innsbruck, en Austria.
Heller especializouse primeiramente en crustáceos, pero tamén traballou en briozoos, equinodermos, picnogónidos e tunicados.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abeviarura Heller emprégase para indicar a este zoólogo como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.