César Sánchez López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 Sobrado, España |
Morte | 7 de maio de 2010 (73/74 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | director de coro |
Lingua | Lingua castelá |
Premios |
César Sánchez, nado en Sobrado en 1936 e finado na Coruña o 7 de maio de 2010, foi un músico e director de coro galego, coñecido por ser o creador da Escolanía del Recuerdo. Morreu por causa dunha pneumonía.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formación e carreira[editar | editar a fonte]
Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. De técnica autodidacta na ensinanza musical para nenos, fundou e dirixiu a primeira Escolanía no Colexio de La Salle de Santander, en 1952. Trasladouse a Madrid a mediados dos 50 e organizou o coro infantil do "Santo Ángel de la Guarda", alternando a súa dirección coa Escolanía do Santísimo Sacramento.
En 1960 fundou a Escolanía da "Sagrada Familia", pertencente ó colexio do mesmo nome, en Madrid. Un ano máis tarde incorporouse ó colexio dos Xesuítas de Chamartín, onde se fixo cargo da Escolanía do colexio Nuestra Señora del Recuerdo. O seu traballo une, ademais, o interese por incorporar nenos do suburbio á vida social mercede á súa integración a través da música.
Á fronte desta Escolanía interveu en máis de 100 concertos no Teatro Real de Madrid, realizou xiras por diversos países europeos, gravou discos e actuou en numerosos programas de radio e televisión.
Distincións[editar | editar a fonte]
Recibiu a Medalla de Ouro da UNICEF pola súa entrega artística a favor dos nenos, e en 2004 a Encomenda de Afonso X O Sabio pola súa dedicación á música.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrega da Orde de Alfonso X Arquivado 25 de abril de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)