Brigitte Schwaiger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1949 Freistadt, Austria (pt) |
Morte | 26 de xullo de 2010 (61 anos) Viena, Austria |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Arquivos en |
|
Brigitte Schwaiger, nada en Freistadt, Austria o 6 de abril de 1949 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha escritora austríaca.[1] A súa novela Wie kommt das Salz ins Meer? (1977) (Como chega o sal ao mar?) tivo moita repercusión ao falar da monotonía da vida de casada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era filla dun doutor e neta de Carola Seligmann, unha cantante de ópera que morreu no campo de concentración de Theresienstadt .
Schwaiger foi á escola secundaria en Freistadt ata 1967 e despois estudou dous semestres de Psicoloxía, e Filoloxía xermánica e románica en Viena. En 1968, casou cun funcionario español e trasladouse con el a Madrid e a Mallorca antes de se divorciar aos catro anos. Logo asistiu á Academia Pedagóxica en Linz onde actuou a tempo parcial en teatros e traballou como asistente de produción en ORF (Österreichischer Rundfunk - Austrian Broadcasting).
A súa primeira novela, Wie kommt das Salz ins Meer? (1977) (Como chega o sal ao mar?) converteuse nun bestseller sensacional que vendeu centenares de miles de copias na comunidade de lingua alemá. A historia en boa medida autobiográfica conta a monotonía da vida matrimonial diaria e as tentativas infrutuosas de fuxir dela. En 1988 foi dramatizada nun filme alemán de Peter Beauvais, protagonizando por Nicolin Kunz e Siemen Rühaak.
A pesar de que os seus traballos máis tardíos non conseguiron o éxito da súa primeira novela, Fallen lassen, un relato da súa experiencia en psiquiatría, foi aclamado pola crítica.
Brigitte Schwaiger foi atopada morta nun ramal do río Danubio en Viena a finais de xullo de 2010. Avaliouse que cunha alta probalidade fora un suicidio. A miúdo falaba sobre "o xeito máis curto" que lle gustaría escoller.
Premios[editar | editar a fonte]
- 1984 Premio de cultura da Alta Austria
Obra[editar | editar a fonte]
- Wie kommt das Salz ins Meer? (1977)
- Mein spanisches Dorf (1978)
- Lange Abwesenheit (1980)
- Die Galizianerin (1982)
- Der Himmel ist süß – Eine Beichte (1984)
- Mit einem möcht' ich leben (1987) (poemas)
- Liebesversuche (1989)
- Schönes Licht (1990)
- Tränen beleben den Staub (1991)
- Der rote Faden (1992)
- Jaro heißt Frühling (1994)
- Ein langer Urlaub (1997)
- Fallen lassen (2006) (describe a súa experiencia coa psiquiatría)