Branko Milovanović
Branko Milovanović | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Branko Milovanović | ||
Nacemento | 13 de xaneiro de 1973 (51 anos) | ||
Lugar de nacemento | Osečina | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Podgorka Osečina | |||
RFK Budućnost | |||
1989–1990 | OFK Beograd | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1995 | OFK Beograd | 72 | (10) |
1995–1996 | Deportivo da Coruña | 12 | (0) |
1996–1998 | Vitória de Guimarães | 26 | (4) |
1998–1999 | AEK Atenas | 14 | (2) |
1999–2000 | Ethnikos Asteras | 27 | (3) |
2000–2001 | Milicionar Belgrado | 12 | (1) |
2001–2003 | Charleroi | 14 | (0) |
2003–2005 | Vojvodina | 21 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Branko Milovanović (en serbio: 'Бранко Миловановић'), nado o 13 de xaneiro de 1973 en Osečina, é un exfutbolista iugoslavo. Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o OFK Beograd. Militou ademais en equipos das ligas española, portuguesa, grega e belga.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado na vila serbia de Osečina, formouse como futbolista nas categorías inferiores do Podgorka Osečina, o RFK Budućnost e, dende os 16 anos, o OFK Beograd. Neste último equipo fixo o seu debut como profesional na tempada 1992/93, xogando tres tempadas co club na liga iugoslava. Disputou 71 encontros de liga e marcou 10 goles.
Na tempada 1995/96, fichou polo Deportivo da Coruña, por petición persoal do adestrador John Benjamin Toshack, que xa tentara a súa contratación na súa etapa anterior na Real Sociedad.[1] Debutou co club coruñés na segunda xornada de liga de Primeira División, na derrota por 4-0 contra o Compostela en San Lázaro, substituíndo na segunda parte do partido ao seu compatriota Miroslav Đukić. Xogou trece encontros ao longo da tempada, a maioría deles como suplente. Sen sitio no equipo na tempada seguinte, foi incluído na operación de traspaso de Nuno, pasando o iugoslavo a xogar no Vitória Sport Clube de Guimarães.[2]
Tras dúas tempadas no Vitória, pasou polo fútbol grego, xogando no AEK Atenas e o Ethnikos Asteras, antes de regresar no ano 2000 ao fútbol serbio, para militar no FK Milicionar de Belgrado. A continuación xogou dúas tempadas no Charleroi belga e pechou a súa carreira no FK Vojvodina de Novi Sad.
En xuño de 2012 fíxose cargo da secretaría técnica do UD Las Palmas, cargo que ocupou durante dous anos.[3][4] Posteriormente pasou a traballar en diferentes áreas do club canario.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Dépor le ganó al París Saint Germain enla pugna por el joven centrocampista Milovanovic". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 1995. p. 24.
- ↑ "Nuno llega, Milo se va". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1996. p. 51.
- ↑ ""Branko Milovanovic, nuevo secretario técnico de UD Las Palmas"". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Juanito y Branko Milovanovic abandonan la UD Las Palmas" (en castelán). 23 de xuño de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Branko Milovanovic anuncia en Grecia que regresa al staff de la UD" (en castelán). 21 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1973
- Futbolistas de Serbia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do OFK Beograd
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Vitória SC
- Xogadores do AEK Atenas FC
- Xogadores do Ethnikos Asteras FC
- Xogadores do FK Milicionar Beograd
- Xogadores do Royal Charleroi SC
- Xogadores do FK Vojvodina
- Futbolistas de Iugoslavia
- Nados no distrito de Kolubara