Blanca Millán
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1998 Santiago de Compostela |
Altura | 1,79 |
Posición | Pivote |
Liga | NCAA |
Información da carreira | |
Universidade | Universidade de Maine |
Blanca Millán Modia, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1998, é unha xogadora de baloncesto galega. Mide 1,79 e xoga de pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse académica e deportivamente no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. En xuño de 2016 fichou polo Maine Black Bears da NCAA[1], ao tempo que comezou estudos de Fisioterapia.
Coa selección española sub 16 logrou a medalla de bronce no Europeo de Hungría de 2014.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2017 America East All-Rookie Team
- 2018 America East All-Defensive Team
- 2018 America East All-Tournament Team
- 2018 America East Tournament Most Outstanding Player
- 2018 America East All-Conference First Team
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Blanca Millán: «Hemos mejorado como equipo»". Zona 2-3 (en castelán). 18 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2019.